- IXP Pan de Cea
-
O Pan de Cea elabórase segundo as técnicas ancestrais da zona, mediante un laborioso proceso artesanal e cócese en fornos de pedra granítica que son previamente quentados con leña. A obtención do produto transmítese de xeración en xeración, adaptándose á lexislación actual sen perder a súa propia e caracterizadora identidade e o seu sabor único.
Documentación técnica:
Prego de condicións
Fichas: 2023, 2022, 2021, 2020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011, 2010Normativa:
- Indicación Xeográfica Protexida recoñecida pola Orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 16 de abril de 2004 (D.O.G. 23.4.04)
- Por Resolución de 7 de xuño de 2004, da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, dítanse normas en relación co funcionamento do rexistro de fornos da Indicación Xeográfica Protexida “Pan de Cea” e outras actuacións de control do produto amparado (DOG 22.6.04).
- Indicación Xeográfica Protexida ratificada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, mediante Orde do 26 de maio de 2004 (BOE 7.6.04).
- Rexistrada como Indicación Xeográfica Protexida polo Regulamento (CE) 205/05, da Comisión, de 4 de febreiro de 2005 (DOCE 5.2.05).
Consello regulador:
Presidente: Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez
Praza Maior, 1
32130 San Cristovo de Cea
OurenseTel.: 618 265 307
E-mail: info [at] pandecea.org (info[at]pandecea[dot]org)
Web: www.pandecea.org - IXP Tarta de Santiago
-
A elaboración da “Tarta de Santiago” é un proceso artesanal transmitido de xeración en xeración, que foi evolucionando en función do progreso tecnolóxico experimentado nos últimos anos para atender as esixencias do mercado, sen perder a súa propia identidade. As técnicas empregadas na fabricación tenden a obter produtos de máxima calidade, mantendo os caracteres tradicionais das tortas amparadas por esta indicación xeográfica protexida.
Documentación técnica:
Fichas: 2023, 2022, 2021, 2020, 2019, 2018, 2017, 2016
Normativa:
ORDE do 10 de febreiro de 2010 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Tarta de Santiago e do seu Consello Regulador, se nomea o Consello Regulador provisorio e se dá publicidade ao prego de condicións do produto
Consello regulador:
Presidente: Joaquín Rodríguez Piñeiro
Pazo de Quián s/n
15881 Sergude, Boqueixón
A CoruñaTel.: 881 997 279 // 981 54 66 76
E-mail: info [at] tartadesantiago.org (info[at]tartadesantiago[dot]org)
Web: www.tartadesantiago.org - IXP Pan Galego/Pan Gallego
-
A indicación xeográfica protexida (IXP) Pan Galego protexe o pan de trigo elaborado de xeito tradicional en Galicia. Este pan posúe unha calidade diferencial debida á orixe e ás características dos seus ingredientes e á súa forma de elaboración.
Documentación técnica:
Fichas: 2023
Normativa:
- IXP rexistrada mediante o Regulamento de Execución (UE) 2019/2182 da Comisión do 16 de decembro de 2019 (DOUE 20.12.2019)
- Regulamento da IXP e do seu consello regulador aprobado mediante a Orde da Consellería do Medio Rural do 20.07.2020 (DOG nº 150, do 28.07.2020)
Consello regulador:
Presidenta: Guadalupe Gómez Franco
Enderezo: Avenida do Camiño francés nº 10, baixo. 15703-Santiago de Compostela
Teléfono: 881 997 279
E-mail: ixppangalego [at] gmail.com (ixppangalego[at]gmail[dot]com)