A Axencia Galega da Calidade Alimentaria nace co Decreto 52/2018, do 5 de abril, como consecuencia do proceso de adecuación á LOFAXGA do extinto Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL), coa intención de “dotala de todos os instrumentos que lle permitan cumprir a súa verdadeira finalidade: por unha banda, ser o instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade e, por outra, potenciar a calidade da produción alimentaria galega, concentrando as actividades investigadoras e de desenvolvemento tecnolóxico no eido alimentario para suplir os déficits que nesta materia se produzan na nosa comunidade autónoma e establecendo como obxectivo principal da súa actividade investigadora responder aos retos científicos e tecnolóxicos aos cales se enfrontan os sectores agroforestal e agroalimentario, vinculados á mellora da súa competitividade”.
En cumprimento das disposicións estatutarias e da normativa vixente, elabórase o Contrato de Xestión para o período 2021-2024 como instrumento para regular a actividade da Axencia e as relacións recíprocas entre esta e a Administración xeral da Comunidade Autónoma. A proposta apróbase en sesión do Consello Reitor de 28/10/2021 e, finalmente, con carácter definitivo, do Consello da Xunta de Galicia de 02/12/2021.
O Contrato define un total de once áreas de actividade desagregadas en 50 obxectivos e 195 tarefas a desenvolver no período 2021-2024, cun orzamento de gasto de 180.837.368 €, condicionado, en certa medida, á recepción de fondos MRR.
- ÁREA DE CERTIFICACIÓN E PROTECCIÓN DA CALIDADE ALIMENTARIA
-
A
ÁREA DE CERTIFICACIÓN E PROTECCIÓN DA CALIDADE ALIMENTARIA
Acadar un sistema eficiente da xestión das figuras de calidade e da súa certificación
A1
Consolidar o funcionamento regular do Departamento de Protección da Calidade Diferenciada
A11
Desenvolvemento e posta en marcha dunha aplicación informática para a xestión da actividade de certificación da calidade
A12
Elaboración e aprobación da documentación cos procedementos de xestión das DOP/IXP e da súa certificación
A13
Elaboración e aprobación da documentación cos procedementos de supervisión do control das DOP/IXP para as que se teña feito delegación de tarefas de control
A14
Elaboración e aprobación da documentación cos procedementos de supervisión do control da produción ecolóxica
A15
Elaboración e aprobación da documentación cos procedementos de xestión da artesanía alimentaria e da súa certificación
A2
Modificar a organización do sistema de xestión das DOP/IXP
A21
Elaboración e tramitación do proxecto de Lei de calidade alimentaria
A22
Elaboración e tramitación do decreto de desenvolvemento da Lei de calidade alimentaria
A23
Establecer un novo sistema de prezos para os servizos de certificación das DOP/IXP
A3
Reformulación e xestión das axudas a consellos reguladores para gasto corrente
A31
Elaboración de novas bases reguladoras das axudas
A32
Xestión das axudas para gastos de funcionamento e dos programas de control
A4
Xestión eficaz das tarefas de control e de supervisión
A41
Actuacións de control e certificación das DOP/IXP e da artesanía alimentaria
A42
Actuacións de supervisión dos consellos reguladores con delegación de tarefas de control
- AREA DE PROMOCIÓN DA CALIDADE ALIMENTARIA
-
B
AREA DE PROMOCIÓN DA CALIDADE ALIMENTARIA
Mellorar a posición comercial das producións de calidade
B1
Posta en marcha da Artesanía alimentaria
B11
Desenvolvemento e posta en marcha dunha aplicación informática para a xestión do Rexistro de artesanía e das cartas de artesá/n
B12
Aprobación da orde co primeiro grupo de normas técnicas (14) e co logotipo da artesanía alimentaria
B13
Aprobación do manual de uso do logotipo da artesanía alimentaria
B14
Certificación das primeiras empresas artesanais e expedición das primeiras cartas de artesá/n
B15
Aprobación da orde co segundo grupo de normas técnicas da artesanía alimentaria
B2
Impulso das novas indicacións xeográficas e outras marcas de calidade
B21
IXP Pan Galego: Posta do produto no mercado
B22
IXP Pan Galego: Acadar o rexistro de 100 panaderías
B23
Capón de Vilalba: aprobación do regulamento e constitución do consello regulador
B24
Capón de Vilalba: posta no mercado das primeiras producións
B25
Terras do Navia: publicación no DOG das ordes coa decisión favorable e de aprobación da protección nacional transitoria
B26
Terras do Navia: publicación no DOUE do rexistro da IXP
B27
Desenvolvemento de unha estratexia para a diferenciación e posta en valor dos produtos da horta galega
B3
Incrementar o grao de coñecemento das DOP/IXP/AE
B31
Realización de estudos de mercado de avaliación do coñecemento
B32
Mellora da web “Experiencias de Calidade”
B33
Incrementar a presenza nas RRSS
B34
Realización de accións formativas (colexios, hostaleira, persoas consumidoras, etc.)
B35
Realización de accións promocionais de carácter institucional
B36
Realización de campañas de promoción en medios de comunicación
B37
Organización das Catas-Concurso de Galicia (viños, augardentes e licores, queixos e mel)
B38
Xestión das liñas de axuda para accións de promoción
B4
Impulso de accións de mercado
B41
Participación en feiras e outros eventos comerciais
B42
Creación dunha plataforma para a promoción e venda on line dos produtos de calidade
B43
Participación en “mercados singulares” e outros circuítos curtos de comercialización
B44
Realización de outras accións de carácter comercial
B5
Incrementar o número de operadores e o valor da produción amparada por figuras de protección da calidade diferenciada
B51
Realización de accións de acompañamento e titorización
B52
Realización de accións formativas
B53
Realización de estudos e traballos técnicos
B54
Convocar e xestionar axudas para os gastos de participación dos operadores nas figuras de protección da calidade diferenciada
B55
Promover a realización de accións de cooperación entre consellos reguladores para a promoción conxunta
B6
Achega dos mellores recursos xenéticos autóctonos ás indicacións de calidade
B61
Realización de estudos e traballos técnicos
B62
Realización de programas de multiplicación e reprodución
- AREA DE INVESTIGACIÓN AGROPECUARIA (Anexo investigación)
-
C
AREA DE INVESTIGACIÓN AGROPECUARIA (Anexo investigación)
Mellora da produción agropecuaria galega en liña coa estratexia europea de investigación en materia agraria
C1
Valoración nutricional de forraxes e produción de leite
C11
Alimentación de precisión do gando vacún de leite
C12
Mitigación do impacto ambiental nos sistemas de produción de leite
C13
Identificar a presenza de compostos bio activos no leite de vacún en resposta ao sistema de produción. Rastrexabilidade da procedencia alimentaria. Diferenciación da produción leiteira
C14
Redución da dependencia proteica nos sistemas de produción de leite. Rotacións forraxeiras ecolóxicas e convencionais.
C15
Análise estrutural e obtención de índices da sostibilidade das explotacións leiteiras galegas
C2
Vacún de carne e outros herbívoros (ovino, caprino e equino)
C21
Caracterización dos sistemas produtivos e de calidade da carne
C22
Produción de carne na IXP Ternera Gallega Suprema en base a pasto
C23
Desenvolvemento dunha liña de selección de características maternais e estudo das súas calidades produtivas
C24
Calidade da carne e das canais procedentes de cebo de vacas e bois
C25
Sistemas produtivos de carne en poboacións de bovino de razas autóctonas galegas ou doutras de interese, incluídos os cruzamentos
C26
Caracterización produtiva das distintas razas e cruces e calidade da carne de ovino nos sistemas produtivos galegos
C27
Sistemas de produción de carne de cordeiro adaptados ao territorio
C28
Definición dos parámetros de crecemento e de calidade da carne da raza Cabra Galega nos sistemas produtivos galegos
C29
Definición dos parámetros produtivos e de calidade das producións dos poldros en sistemas produtivos en extensivo
C3
Calidade nutricional e seguridade alimentaria/ambiental de sistemas produtivos agrarios sustentables
C31
Mitigación/avaliación do impacto ambiental derivado do uso de praguicidas nos sistemas agrarios extensivos
C32
Mellora da calidade e da seguridade alimentaria nos procesos produtivos agrarios: Uso avanzado da espectrometría de masas de alta resolución e de metodoloxías “omics” asociadas, para investigar a calidade e seguridade alimentaria en procesos produtivos agrarios
C4
Conservación e mellora de Recursos Fitoxenéticos Agrarios.
C41
Conservación do Banco de Xermoplasma do CIAM. Multiplicación, conservación e caracterización da colección de especies pratenses conservadas no CIAM
C42
Instalación de campos de multiplicación para creación de semente das variedades pratenses creadas no CIAM
C43
Rexistro de novas variedades de trigo, para sustentar a IXP Pan Galego
C44
Avaliación de novas variedades españolas de cereais de inverno
C45
Selección de trigos seme-ananos de base xenética autóctona
C46
Produción de trigo en ecolóxico
C47
Caracterización de gliadinas e gluteninas LMW da colección de trigos autóctonos
C48
Caracterización agronómica de centeos da colección do CIAM
C49
Avaliación agronómica de variedades comerciais de millo forraxeiro
C410
Multiplicación e conservación de variedades locais e liñas puras de millo (Zea mays L.) conservadas no Banco de Xermoplasma do CIAM
C411
Avaliación agronómica de material xenético procedente do cruzamento de liñas obtidas a partir de cruces de material autóctono de millo para forraxe
C412
Avaliación de variedades locais de millo branco (variedades autóctonas) para obtención dun híbrido sintético para o uso na industria fariñeira
C413
Desenvolvemento do material xenético do millo adaptado a Galicia e Norte de España. Selección de híbridos sintéticos asistida por marcadores moleculares SSR en caracteres (rendemento, valor nutritivo e biomasa) do millo en gran e forraxeiro, para o seu uso en sistema ecolóxico
C414
Ensaios de variedades de horta
C415
Mellora xenética en variedades autóctonas de horta
C416
Produción de sementes de variedades autóctonas de produtos hortícolas
C417
Mellora dos medios de produción hortícolas
C418
Apoio ao sector da planta ornamental e viveiros
C419
Mellora das condicións de conservación do Banco de Xermoplasma de froiteiras do CIAM
C420
Accións específicas sobre as coleccións de maceiras, pereiras e cerdeiras
C421
Posta en valor da colección de maceiras destinada á industria alimentaria
C422
Diagnose da situación actual da fruticultura en Galicia
C5
Fertilización de cultivos forraxeiros e medio ambiente
C51
Incremento da eficiencia na utilización de nutrientes dos fertilizantes nos cultivos forraxeiros. Reciclado de fertilizantes orgánicos
C52
Mitigación do cambio climático mediante o secuestro de carbono e a redución nas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI: N2O, CO2 e CH4)
C53
Redución da volatilización do amoníaco e da contaminación das augas nas explotacións gandeiras de vacún
C54
Seguimento, preservación e mellora da fertilidade do solo: aspectos químicos e biolóxicos
C55
Aplicación das TIC, intelixencia artificial e a agricultura de precisión
C56
Novas especies pratenses e forraxeiras
C57
Resposta á rega dos cultivos de verán tradicionais e alternativos e redución da dependencia proteica
C58
Sistemas de rotacións forraxeiras ecolóxicas na zona interior de Galicia
C6
Helmintíases e protozooses dos ruminantes en Galicia
C61
Obtención de estadios parasitarios e produtos biolóxicos derivados.
C62
Optimización do control das parasitoses reducindo ao mínimo o uso de medicamentos
C7
Enfermidades bacterianas e víricas da cabana gandeira
C71
Posta en marcha dunha unidade de investigación para o estudo de enfermidades bacterianas e víricas
C72
Estudo de enfermidades animais bacterianas e víricas que afectan ao gando vacún en Galicia
C8
Bioloxía Molecular/Biotecnoloxía Vexetal
C81
Apoio a liña de produción de horta
C82
Busca de alelos agronómicos beneficiosos nos ecotipos autóctonos de trigo
C83
Selección de híbridos sintéticos asistida por marcadores moleculares SSR en caracteres (rendemento, valor nutritivo e biomasa) do millo en gran e forraxeiro, para o seu uso en sistema ecolóxico
C84
Estudos moleculares para a detección temperá de oídio en lúpulos.
C85
Detección de Fito plasmas en froiteiras da colección do CIAM
C9
Sistemas enerxéticos sostibles no rural
C91
Produción enerxética a través de compost
C10
Mellora xenética animal
C101
Posta en marcha dunha unidade de mellora xenética
C102
Desenvolvemento de programas de mellora xenética
- AREA DE INVESTIGACIÓN FORESTAL (Anexo Investigación)
-
D
AREA DE INVESTIGACIÓN FORESTAL (Anexo Investigación)
Mellora do aproveitamento selvícola e forestal do monte galego
D1
Programa de mellora xenética
D11
Mellora xenética de Pinus pinaster
D12
Mellora xenética de Pinus radiata
D13
Mellora xenética do castiñeiro (Castanea sativa mill.)
D14
Mellora xenética de Prunus avium
D15
Conservación e mellora por selección do carballo (Quercus robum)
D16
Conservación e mantemento do material xenético doutras coníferas de interese forestal (Sequoia sempervirens, Pseudotsuga menziesii, Cryptomeria japonica)
D2
Programa de mellora selvícola
D21
Actuacións de mellora selvícola
D22
Ensaios de plantíos mixtos e comparativas con materiais mellorados
D3
Defensa do monte contra os incendios forestais
D31
Restauración de zonas queimadas, lume prescrito e análise da severidade dos lumes
D4
Adaptación e preservación dos ecosistemas forestais ao cambio climático e produtos forestais non madeireiros
D41
Adaptación e preservación dos ecosistemas forestais ao cambio climático
D42
Produtos forestais non relacionados coa madeira: resina
- AREA DE INVESTIGACIÓN EN MATERIA DE VITICULTURA E ENOLOXÍA
-
E
AREA DE INVESTIGACIÓN EN MATERIA DE VITICULTURA E ENOLOXÍA
Mellora do coñecemento e as posibilidades de desenvolvemento do sector vitivinícola galego
E1
Material vexetal e recursos xenéticos
E11
Identificación de variedades de vide por técnicas morfolóxicas e moleculares
E12
Caracterización ampelografíca, molecular, agronómica e de determinación do potencial vitivinícola
E13
Estudos conducentes ao rexistro de novas variedes
E14
Selección de clons de variedades de cultivo tradicional galego
E15
Produción de material vexetal de vide de categoría inicial e de base
E2
Protección fitosanitaria do cultivo da vide
E21
Avaliación da eficacia dos produtos fitosanitarios
E22
Avaliación do desenvolvemento de pragas e enfermidades do viñedo
E23
Selección de variedades máis tolerantes a enfermidades
E24
Avaliar técnicas vitícolas para a mellora do estado sanitario do viñedo
E3
Tecnoloxía da produción vitícola
E31
Avaliar a resposta das variedades en distintos sistemas de condución
E32
Avaliar a idoneidade de portaenxertos para o cultivo de diferentes variedades de vide
E33
Avaliar diferentes sistemas de poda
E34
Estudo diferentes sistemas de xeometría da plantación
E35
Implantación de técnicas de viticultura de precisión
E4
Proxectos de enoloxía
E41
Aplicación de cepas autóctonas de Saccharomyces cerevisiae seleccionas a escala industrial
E42
Potencial de lévedos non-Saccharomyces: a mellora e diferenciación dos viños galegos e mitigación dos efectos do cambio climático en adega
E43
Alternativas para a redución de sulfitos no viño
E44
Produción sustentable e calidade dos viños
E45
Control micro biolóxico dos viños
- AREA DE TRANSFERENCIA
-
F
AREA DE TRANSFERENCIA
Garantir a transferencia efectiva de coñecementos entre a investigación agroforestal e os sectores produtivos
F1
Comarcalización da Transferencia Tecnolóxica
F11
Elaboración dun estudo de necesidades de transferencia por comarcas
F12
Presentación do Plan comarcal de transferencia tecnolóxica
F2
Especialización das opcións de intercambios e visitas
F21
Implantación das opcións de intercambios e visitas orientadas á creación de novas explotación e a potenciar o transvase xeracional
F3
Reforzo da implantación de grupos operativos e proxectos piloto
F31
Reorientación do sistema vixente de cara a unha mellora na axilidade da xestión e na efectividade dos resultados
F32
Deseño e aplicación dun sistema independente de control de calidade
F4
Potenciación da transferencia material de recursos fitoxenéticos
F41
Promoción do emprego de castes autóctonas nas producións de calidade
F42
Articulación de canles comerciais operativas de transferencia
F5
Mellorar as condicións da transferencia de coñecementos
F51
Programa de apoio á formación de asesores
F52
Mellora da análise a aplicabilidade práctica dos datos estatísticos
F53
Desenvolvemento da aplicación FITOVIT de asesoramento fitosanitario gratuíto aos viticultores galegos
F6
Accións de divulgación directa
F61
Publicación dunha revista de divulgación da AGACAL
- AREA DE CAPACIDADE ANALÍTICA
-
G
AREA DE CAPACIDADE ANALÍTICA
Garantir a oferta de servizos técnicos de análises alimentarias e agrarias aos operadores galegos
G1
Liñas estratéxicas do laboratorio EVEGA
G11
Posta a punto da determinación dos sulfitos no viño
G12
Acreditación para a exportación de viños
G13
Acreditación para determinación do grao alcohólico para viños de baixa gradación
G14
Ampliación da acreditación de parámetros e técnicas para bebidas espirituosas
G15
Acreditación de parámetros grao alcohólico, acético e acetoína para os vinagres
G2
Liñas estratéxicas do LAFIGA
G21
Ampliar a oferta analítica
G22
Ampliar o alcance de acreditación en Alimentos.
G23
Ampliar o alcance de acreditación en Bebidas
G24
Ampliar o alcance de acreditación en Fertilizantes
G25
Ampliar o alcance de acreditación en Solos
G26
Acreditación en novos ensaios máis rápidos e con menor coste.
G27
Acreditar ensaios en sanidade vexetal para dar resposta a requirimentos legais a curto prazo
G28
Acreditar ensaios en alimentación animal e en residuos de pesticidas.
- AREA DE FORMACIÓN (Anexo formación)
-
H
AREA DE FORMACIÓN (Anexo formación)
Contribuír á mellora da competitividade e sustentabilidade do sector primario e alimentario galego apoiando a cualificación profesional dos axentes e facilitando o relevo xeracional
H1
Ciclos superiores de formación profesional
H11
Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal
H12
Paisaxismo e Medio Rural
H13
Xestión Forestal e do Medio Natural
H14
Xestión Forestal e do Medio Natural e Paisaxismo e Medio Rural
H2
Ciclos medios de formación profesional
H21
Produción Agro ecolóxica (persoas adultas)
H22
Produción Agropecuaria
H23
Aproveitamento e Conservación do Medio Natural
H24
Xardinaría e floraría
H25
Xardinaría e floraría e produción agropecuaria
H3
Desenvolvemento dun programa de formación continua capaz de transferir ao sector os coñecementos mais recentes
H31
Certificados de profesionalidade
H32
Campos de demostración e ensaio
H33
Talleres de prácticas
H4
Establecemento de canles de colaboración permanentes entre os centros de formación e entidades terceiras.
H41
Colaboración con Concellos
H42
Colaboración con entidades agrarias asociativas
H43
Colaboración con empresas
H44
Colaboración con centros formativos nacionais e internacionais
H5
Desenvolvemento de novos programas de formación
H51
Creación da escola de emprendedores rurais
H52
Programas de especialización de formación profesional
H53
Curso de Aptitude Empresarial Agraria na modalidade semi presencial
H54
Aula de produtos lácteos
I
AREA INSTITUCIONAL
Artellar un sistema eficaz e eficiente de coordinación, xestión, control e seguimento da estrutura orgánica e funcional da AGACAL
I1
Consolidar o funcionamento regular do esquema organizativo da Axencia
I11
Posta en función dunha aplicación informática de xestión interna
I12
Calendario institucional da AGACAL 2021-2024
I2
Completar a adecuación da AGACAL á LOFAXGA
I21
Elaboración e aprobación do Contrato de Xestión 2021-2024
I3
Garantir a transparencia e proxección pública da AGACAL
I31
Deseño do portal WEB da AGACAL
- AREA ECONÓMICA E PATRIMONIAL
-
J
AREA ECONÓMICA E PATRIMONIAL
Automatización e regularización da xestión económica da Axencia
J1
Ordenar a xestión contable da Axencia
J11
Redución do período medio de pago de facturas a 10 días
J2
Regularizar a situación patrimonial
J21
Completar e actualizar o inventario patrimonial de AGACAL
J22
Regularizar a situación catastral dos predios tutelados por AGACAL
J3
Ordenación da xestión de ingresos
J31
Elaboración e publicación da Orde de taxas e prezos privados
J4
Mantemento e modernización de infraestruturas e medios técnicos
J41
Desenvolvemento do proxecto Galicia Calidade no predio de Sergude
J42
Plan de acondicionamento de infraestruturas
J43
Plan de renovación de equipos de investigación
J44
Plan de renovación do parque móbil da AGACAL
J45
Plan de seguridade dos centros de investigación e formación
- AREA DE PERSOAL
-
K
AREA DE PERSOAL
Completar a dotación de persoal da Axencia
K1
Actualización das necesidades de persoal
K11
Aprobación e actualización da RPT
K12
Programación da actividade en réxime de tele-traballo
K13
Aprobación de listas de contratación eventual de persoal investigador
K14
Incorporación permanente de persoal investigador
K15
Asunción efectiva das competencias en xestión de persoal
K16
Integración do persoal procedente do INGACAL
K2
Identificación e actualización das necesidades de formación
K21
Programa específico de formación do persoal da Axencia
Para máis información pode consultar a continuación o documento íntegro.