Ir o contido principal

Produtos cárnicos

IXP Ternera Gallega

En Galicia hai máis de 3700 anos que se produce carne de vacún. Estamos, polo tanto, ante un produto agroalimentario con tradición e historia.

A carne da IXP Ternera Gallega está sometida a estritos controis de calidade que abranguen dende o nacemento dos tenreiros, a súa crianza, alimentación e coidados sanitarios, ata o seu sacrificio e presentación da carne nos puntos de venda, todo isto conforme o establecido na lexislación vixente. A alimentación dos tenreiros baséase no leite materno, forraxes e concentrados procedentes de vexetais e exentos de calquera subproduto animal ou substancia prohibida. Así pódese asegurar que a carne de “Ternera Gallega” ten a máxima calidade e garantía.

 

Medio natural

Atópanos

Materias primas

Características do produto

Operadoras certificadas

 

Documentación técnica:

Prego de condicións

Documento único

Fichas: 202320222021, 2020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011, 2010

 

Normativa:

  • Regulamento da Denominación Especifica Ternera Gallega aprobado por Orde da Consellería de Agricultura Gandería e Montes do 3 de novembro de 1994 (DOG 21.11.94), ratificado por Orde do MAPA do 18 de abril de 1995 (BOE 26.04.95)
  • Rexistrada como Indicación Xeográfica Protexida polo Regulamento (CE) 2400/96, da Comisión, do 17 de decembro de 1996 (DOCE 18.12.96).

Consello regulador:

Presidente: Jesús González Vázquez

Recinto Feiral Amio
Apartado 2014
15707 Santiago de Compostela
A Coruña

Tel.: 981 575 786
Fax: 981 574 895
E-mail: consello [at] vacundegalicia.com (consello[at]vacundegalicia[dot]com)
Web: www.vacaybueydegalicia.com | https://www.terneragallega.com/

IXP Lacón Gallego

Os antecedente históricos que serven de presentación do Lacón Gallego son innumerables.

O lacón forma parte da nosa cultura e dos nosos costumes. O consumo do lacón tivo sempre un grande arraigo en Galicia pola súa doada conservación ao ser un produto curado, ademais de san e cun alto contido proteico.

 

 

Medio natural

Atópanos

Materias primas

Características do produto

Operadoras certificadas

 

Documentación técnica:

Prego de condicións

Fichas: 2023202220212020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011, 2010

 

Normativa:

  • Denominación Específica recoñecida por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 7 de febreiro de 1997 (DOG 17.02.97).
  • Regulamento aprobado por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 20 de novembro de 1997 (DOG 17.11.97), e ratificado por Orde do MAPA do 21 de xullo de 1998 (BOE 7.08.98).
  • Rexistrada como Indicación Xeográfica Protexida polo Regulamento (CE) 898/2001, da Comisión, do 7 de maio de 2001 (DOCE 8.5.01).

Consello regulador:

Presidente: Abel Yáñez Armesto

Rúa O Palomar, s/n.
Recinto Feiral
27004 Lugo

Tel.: 881 997 276
Fax: 981 546 676
E-mail: info [at] crlacongallego.com (info[at]crlacongallego[dot]com)
Web: www.crlacongallego.com

 

IXP Vaca Gallega – Buey Gallego

Para entender a especificidade do produto no seu conxunto, hai que considerar o factor humano. Os gandeiros galegos coa súa experiencia, o seu saber tradicional e o seu bo facer en todo o relativo a técnicas de cría e engorde, alimentación e manexo do gando, son o elemento definitivo sobre o que se sustenta a produción de carne de calidade de vacas e bois en Galicia. Grazas aos seus coñecementos agropecuarios, transmitidos de xeración en xeración, reservan os mellores pastos e forraxes para o engorde e acabado das reses, optimizan os recursos e seleccionan os mellores animais para producir carne de calidade.

Actualmente, esta carne forma parte do segmento de carnes selectas e está considerada entre as mellores do mundo, tanto a nivel de carnicerías delicatesen como da alta cociña de múltiples países.

Medio natural

Atópanos

Materias primas

Características do produto

Operadoras certificadas

 

Documentación técnica:

Prego de condicións

Fichas: 2023202220212020, 2019, 2018

 

Normativa:

  • Regulamento de execución (UE) 2022/1861 da Comisión do 29 de setembro de 2022 polo que se inscribe un nome no Rexistro de Denominacións de Orixe Protexidas e de Indicacións Xeográficas Protexidas [«Vaca Galega-Buey Gallego» (IGP)]. DOUE 6.10.2022

 

Consello regulador:

Presidente: Jesús González Vázquez

Recinto Feiral Amio
Apartado 2014
15707 Santiago de Compostela
A Coruña

Tel.: 981 575 786
Fax: 981 574 895
E-mail: consello [at] vacundegalicia.com (consello[at]vacundegalicia[dot]com)
Web: www.vacaybueydegalicia.com | https://www.terneragallega.com/

 

IXP Capón de Vilalba

As primeiras noticias coñecidas sobre a cría e consumo de capóns en Galicia datan da Idade Media, abundando nesta época documentos de foros nos que se comprometían a pagar en capóns parte da renda.

En tempos xa moito máis recentes podemos atopar referencias de que este costume do pago con capóns foise mantendo, o que da idea do alto aprecio que este produto tivo na comarca ao longo de diferentes momentos históricos.

Hoxe en día, a súa produción vese xustificada, en moitos casos, por permanecer como un costume arraigado na zona, e por supoñer unha fonte secundaria de ingresos das explotacións agrarias familiares. Na maioría dos casos, os  cebadores só teñen en conta o beneficio que lles produce a súa venda, sen sopesar os gastos que ocasiona a súa esmerada e laboriosa crianza.

Medio natural

Atópanos

Materias primas

Características do produto

Elaboradores

 

Documentación técnica:

Prego de condicións