- Certificados de exportación de viños
-
Os ensaios que se realizan son os que se acordaron no Grupo de Traballo sectorial de viños e derivados (MAPA 18/05/2017): acidez total, acidez volátil, ácido cítrico, azucres reductores, extracto seco total, dióxido de xofre total, grao alcohólico adquirido, masa volúmica a 20ºC e metanol.
Para os países asiáticos inclúese o ácido sórbico. No caso de China, nalgúns casos é necesario incluir a ocratoxina A.
Para as exportacións a Brasil faranse as análises incluídas no modelo establecido por este país. Inclúe: ácido cítrico, acidez total, acidez volátil, azucres totais (expresados en sacarosa), cenizas, cloruros (ClNa), colorante artificial, edulcorante, extracto seco reducido, grao alcohólico, metanol e sulfatos (SO4K2).
- Certificados de exportación de bebidas espirituosas
-
Fanse os seguintes ensayos:
- Augardente: cobre, grao alcohólico, metanol e sustancias volátiles.
- Licor: azucres totais, cobre, grao alcohólico, metanol e sustancias volátiles.
Se o cliente desexa outros ensaios, deberao facer constar na súa solicitude.
- Ensaios de ácido cítrico e de metanol en viños
-
Para o ácido cítrico.
- Cando a concentración sexa inferior a 1 g/l, o resultado irá expresado como < 1 g/l.
Para o metanol.
- Viño tinto: cando o seu contido sexa inferior a 400 mg/l irá expresado como < 400 mg/l.
- Viño branco e rosado: cando o seu contido sexa inferior a 250 mg/l irá expresado como < 250 mg/l.
- Análise de fertilizantes
-
Nos informes de resultados entenderase, salvo indicación contraria, que os ensaios acreditados que a continuación se mencionan, cumpren o requisito do límite da repetibilidade. Son os ensaios:
- Fósforo soluble en ácidos minerais por gravimetría
- Fósforo soluble en citrato de amonio neutro por gravimetría
- Fósforo soluble en auga por gravimetría
- Potasio soluble en auga por gravimetría
O alcance da acreditación para a determinación nitróxeno amoniacal por volumetría, procedemento interno PELAFIGAFI04, non inclúe as mostras de fertilizantes inorgánicos que declaran nitróxeno ureico na súa composición.
Naquelas mostras que na súa etiqueta só declaren nitróxeno nítrico, éste calcularase utilizando o ensaio nitróxeno nítrico e amoniacal por volumetría (método Devarda), procedemento interno PELAFIGAFI03, asumindo que o valor obtido é o valor do nitróxeno nítrico da mostra.
O método oficial para determinar a porcentaxe de P2O5 soluble en citrato amónico neutro e o método oficial para determinar a porcentaxe P2O5 soluble en citrato amónico neutro e auga son o mesmo. No INFORME DE ANÁLISE que emite o Laboratorio Agrario figura:
Determinación Realizada Unidade
FÓSFORO SOLUBLE EN CITRATO DE AMONIO NEUTRO (P205) %
Entendendo que:
- Se a solubilidade do P205 en auga é inferior ao 2%, a solubilidade indicada para o citrato correspóndese coa % de P205 soluble en citrato amónico neutro
- Se a solubilidade do P205 en auga é igual ou superior ao 2%, a solubilidade indicada para o citrato correspóndese coa % de P205 soluble en citrato amónico neutro e auga.
- Análise de solos
-
Cando na solicitude de análise de solos o cliente indique fertilidade ou non indique nada, faranse os seguintes ensaios: acidez de cambio extracción KCl 1M, calcio, magnesio, sodio, e potasio extracción en acetato amónico 1N a pH 7, capacidade de cambio efectiva, carbono total, conductividade eléctrica extracción 1:5, elementos grosos (> 2.0 mm), fósforo soluble en bicarbonato sódico (Olsen), materia orgánica por calcinación, necesidades de cal, nitróxeno total, pH en auga a 20ºC extracción 1:2.5, relacións C/N, Ca/Mg, K/Mg e saturación por acidez.
Desde marzo de 2023 está dispoñible, de novo, a realización da textura.
Textura USDA: area, arxila, limo e clasificación textural.
Textura USDA [hídrica]: textura USDA máis limo (0.02-0.002 mm), limo (0.05-0.02 mm), densidade aparente compactada, punto de murchamento, capacidade de campo, grao de saturación de auga, auga útil e permeabilidade.
Toda a información técnica adicional está disponible nos números:
881881366 e 881881352.
Tamén en laboratorioagrario.medio-rural [at] xunta.es (laboratorioagrario[dot]medio-rural[at]xunta[dot]es)