Os mecanismos de transparencia e bo goberno funcionan como contrapesos que garantizan a proteción da ciudadanía frente a hipotéticas arbitrariedades do poder público e o uso indebido do diñeiro ou patrimonio públicos.
En cumprimento das obrigas de publicidade activa derivadas da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno e da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Contas anuais do exercicio 2023
Contas anuais do exercicio 2022
Contas anuais do exercicio 2021
Contas anuais do exercicio 2020
Contas anuais do exercicio 2019
Perfil do contratante
Estado dos concursos
- En prazo presentación
- Pendentes de adxudicar
- Adxudicados
- Renuncia a celebración do contrato
- Anulados e desertos
- Formalizados
- Canle de denuncias
-
Neste apartado pode accederse á Canle de denuncias da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, que é a canle electrónica habilitada pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria en aplicación artigo 14 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
Esta canle configúrase como a vía preferente para comunicar información relativa a supostas accións ou omisións contrarias ao sistema de integridade previsto no Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2023 e no Programa marco de integridade institucional e prevención de riscos de xestión 2021-2024, do 26 de maio de 2021, aprobados ambos os dous polo Consello da Xunta de Galicia.
Unha vez se accede ao canle de denuncias, a comunicación por esta canle estrutúrase en dúas modalidades:
Modalidade anónima, na que non é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que deban investigar non coñezan a súa identidade
Modalidade nominativa, na que é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que investigan coñecen a súa identidade e os seus datos de contacto e notificación. Nesta modalidade poderase manter a comunicación coa persoa informante para os efectos de solicitarlle, se é o caso, que aclare ou amplíe a información, e comunicarlle o tratamento dado á súa información, agás que renunciase expresamente a recibir comunicacións do responsable do sistema. Non obstante, garantirase a confidencialidade da persoa informante.
Unha vez teña accedido á modalidade seleccionada, deberá escoller como canle para presentar a súa comunicación "Canles específicas".
- Encomendas
-