Ir o contido principal

Produtos de orixe vexetal

IXP Castaña de Galicia

Ata a chegada dos cultivos americanos, as castañas foron unha fonte de alimento indispensable na cociña galega, sobre todo en áreas rurais e de montaña. Servían para calmar a fame nos tempos de escaseza. Asadas, cocidas, no caldo, con leite... Hoxe, séculos despois, constitúen un produto autóctono cada vez máis apreciado gastronomicamente que conta co seu propio selo de calidade.

Medio natural

Atópanos

Materias primas

Características do produto

Operadoras certificadas

 

Documentación técnica:

Prego de condicións

Fichas: 202320222021, 2020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011, 2010

 

Normativa:

  • Orde do 5 de febreiro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador Provisional.
  • Corrección de erros.-Orde do 5 de febreiro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador Provisional.

Consello regulador:

Presidente: Jesús Quintá García

E-mail: info [at] castanadegalicia.org (info[at]castanadegalicia[dot]org)
Web: www.castanadegalicia.org

IXP Faba de Lourenzá

A partir do ano 1960 produciuse un gran incremento da produción de fabas na Mariña lucense, sobre todo no termo municipal de Vilanova de Lourenzá, alcanzando unha gran calidade, o que fixo que adquirisen un gran recoñecemento nos mercados e entre os consumidores. Así, na actualidade, as  fabas desa zona son coñecidas no mercado como “Fabas de Lourenzá”.

Na actualidade é de destacar a “Festa da Faba de Lourenzá”, que se celebra a primeira fin de semana de outubro desde no ano 1991 co obxectivo de recuperar o prestixio da  faba da zona. Esta festa foi declarada festa de interese turístico por Resolución do 26 de febreiro de 2001 do Consello da Xunta de Galicia.

Ademais na maioría das guías gastronómicas actuais non faltan alusións ás denominadas Fabas de Lourenzá, onde se recollen unha gran cantidade de receitas con  este tesouro culinario.

Medio natural

Atópanos

Materias primas

Características do produto

Operadoras certificadas

 

Documentación técnica:

Prego de condicións

Fichas: 2023202220212020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011, 2010

 

Normativa:

Orde do 20 de agosto de 2008 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador Provisional.

Consello regulador:

Presidente: José Cuadrado Oural

Tel.: 881 997 279
Fax: 981 546 676
E-mail: info [at] fabadelourenza.org (info[at]fabadelourenza[dot]org)
Web: www.fabadelourenza.org

IXP Pataca de Galicia

A Pataca de Galicia é un produto cultivado de forma tradicional e aínda que o seu aspecto exterior pode non ser perfecto, a súa calidade e sabor son excepcionais. Comercialízase despois de superar estritos controis de cultivo e envasado, o que garante a súa calidade e orixe.

 

Medio natural

Atópanos

Materias primas

Características do produto

Operadoras certificadas

 

Documentación técnica:

Prego de condicións

Fichas: 2023202220212020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011, 2010

 

Normativa:

  • Por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 29 de outubro de 2001 (D.O.G. 9.11.01) apróbase o regulamento da Indicación Xeográfica Protexida “Pataca de Galicia” e do seu Consello Regulador.
  • Por Orde do Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación do 24 de abril de 2002 (B.O.E. 11.05.02), ratifícase o regulamento da Indicación Xeográfica Protexida “Pataca de Galicia” e do seu consello regulador.

 

Consello regulador:

Presidenta: José Manuel Gómez Gómez

Finca Devesa, s/n.
32630 Xinzo de Limia
Ourense

Tel.: 988 462 650
Fax: 988 462 650
E-mail: patacadegalicia [at] patacadegalicia.es (patacadegalicia[at]patacadegalicia[dot]es)
E-mail: patacadegalicia [at] patacadegalicia.gal (patacadegalicia[at]patacadegalicia[dot]gal)
Web: www.patacadegalicia.es

IXP Grelos de Galicia

As referencias ao  cultivo e consumo do grelo son moi numerosas ao longo dos séculos. Os indicios máis antigos do cultivo das brassicas na nosa terra datan do 3.000 a.C.

Os seus beneficios sobre a saúde e a excelente calidade de grelo de Galicia contribuíron á expansión desta hortaliza fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os  grelos son unha verdura moi utilizada e moi coñecida en Galicia pero que é exótica noutros puntos xeográficos. 

En Galicia é un produto estrela e para iso conta coa IXP que abarca todo os municipios da Comunidade Autónoma galega. 

A indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia nace en outubro de 2009 como organismo responsable de amparar tanto a produción como a comercialización e distribución do produto máis emblemático da nosa comunidade autónoma. Tamén supón un recoñecemento á nosa hortaliza máis tradicional da nosa gastronomía popular, xa sexa ao natural e en conserva.

Os  grelos son as follas do nabo, con todo, non o son en calquera momento xa que para poder consideralos como grelos debemos tomar os talos tenros antes da floración.

De sabor moi particular e forte, lixeiramente acedo, con certo amargor. Na indicación xeográfica inclúense as variedades: o grelo globo branco de Lugo, máis amargo e o grelo de Santiago, máis suave e doce.

 

Medio natural

Atópanos

Materias primas

Características do produto

Operadoras certificadas

 

Documentación técnica:

Prego de condicións

Fichas: 2023202220212020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011, 2010

 

Normativa:

Orde do 23 de decembro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisional. Modificado pola Orde do 1 de febreiro de 2012 (DOG nº 29, do 10 de febreiro de 2012).

Consello regulador:

Presidente: Andrés de la Fuente Vázquez

Pazo de Quián, s/n. Sergude
15.681 Boqueixón (A Coruña)

Tel: 881 997 279
Fax: 981 546 676
E-mail: info [at] grelosdegalicia.org (info[at]grelosdegalicia[dot]org)
Web: www.grelosdegalicia.org

IXP Pemento da Arnoia

O pemento cultivado na Arnoia constitúe un ecotipo seleccionado desde moi antigo polos agricultores desta área xeográfica pertencente á comarca do Ribeiro. Como consecuencia da súa limitada produción e da súa escasa difusión ao longo dos anos, apenas se estendeu fóra do devandito ámbito xeográfico. A especificidade do pemento da Arnoia provén dunha conxunción de moitos factores, entre os que están o material vexetal, a terra e o microclima dos vales produtores.

É indubidable o interese xenético, social, cultural, ambiental e económico que para determinados territorios supón a recuperación, a conservación e o fomento das variedades vexetais autóctonas. Así o entenderon os horticultores da Arnoia, quen pouco ou nada poderían facer para competir fronte a outras rexións produtoras máis especializadas, a non ser a través da especificidade dun produto coma este.

 

Medio natural

Atópanos

Materias primas

Características do produto

Operadoras certificadas

 

Documentación técnica:

Prego de condicións

Fichas: 202320222021, 2020, 2019, 2018

 

Consello regulador:

Presidente: Francisco Vázquez González

Outeiro Cruz, 12
32417 A Arnoia (Ourense)

Tel.: 881 997 279 // 981 54 66 76

IXP Pemento do Couto

As orixes do Pemento  do Couto remóntanse a mediados do século XVIII, momento no que a actividade no mosteiro de San Martiño do Couto, en Narón, era un exemplo para seguir para todos os habitantes da zona. Naqueles momentos, segundo se conta, a semente destes pementos foi conseguida polo prior ilustrado Felipe Colmenero. Di a tradición que este prior recibía con frecuencia ao seu gran amigo o Padre Sarmiento. Nas súas veladas, onde non faltaba de comer e de beber, o Padre Sarmiento queixábase de forma ardua do moito que picaban os pementos cos que era agasallado. O Pai Colmenero, ferido no seu orgullo, ocuparía desde entón os seus momentos libres na selección de plantas de pemento que tivesen froitos que non picasen, prolongando os seus traballos de selección ata conseguir unha liña de pementos con esta característica.

 

Medio natural

Atópanos

Materias primas

Características do produto

Operadoras certificadas

 

Documentación técnica:

Prego de condicións

Fichas: 2023202220212020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011, 2010

 

Consello regulador:

Presidente: Ana Isabel García Castro

Tel.:  881 997 279
Fax:  981 546 676
E-mail: info [at] pementodocouto.com (info[at]pementodocouto[dot]com)
Web: www.pementodocouto.com

DOP Pemento de Herbón

O inicio do cultivo do pemento en Galicia asóciase ás sementes traídas dende o estado mexicano de Tabasco polos monxes franciscanos ao convento de Herbón, localidade pertencente ao municipio de Padrón, no século XVII. O proceso de selección varietal e as prácticas culturais de recolección comezan entón transmitíndose dende a comunidade monacal aos agricultores da súa área de influencia, conformando un sistema de produción altamente especializado.

Unha das características  máis destacadas do Pemento de Herbón refírese a que non todos os froitos presentan sabor picante, senón que este aparece ocasionalmente (“uns pican e outros non”, de acordo coa coñecida frase popular referida a este produto), e que é un picor lixeiro, xa que os produtores se  esmeran en seleccionar o produto eliminando aquelas plantas e froitos con sabor picante máis intenso. A forma na que se chegou a conseguir isto, partindo dunha variedade orixinalmente picante, é quizais o elemento de proba máis importante do “bo facer” dos produtores da zona.

Que os pementos piquen máis ou menos depende da cantidade de capsicina que conteñan. Esta concéntrase na placenta, que é a parte esbrancuxada que hai no interior do froito, nunhas pequenas vesículas. Como esta substancia é un axente defensivo, a cantidade que produce a planta depende tanto das características xenéticas da variedade coma das condicións ambientais: temperatura, humidade, composición do solo, fertilización, estado de desenvolvemento do froito no momento de recollida, etc.

 

Medio natural

Atópanos

Materias primas

Características do produto

Operadoras certificadas

 

Documentación técnica:

Prego de condicións

Fichas: 2023202220212020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011, 2010

 

Consello regulador:

Presidenta: Milagros González Refojo

Rúa Dolores, s/n   
15900  Padrón (A Coruña)

Tel.:  881 997 279 // 981 54 66 76
E-mail: info [at] pementodeherbon.com (info[at]pementodeherbon[dot]com)
Web: www.pementodeherbon.com 

IXP Pemento de Mougán

O pemento de Mougán é un ecotipo local cultivado dende tempos moi remotos polos agricultores de Guntín. Como consecuencia da súa limitada produción e da súa escasa difusión ao longo dos anos, o seu cultivo non se estendeu fóra do devandito ámbito xeográfico, aínda que hai testemuños de emigrantes que levaron a planta a outras zonas de España para producir alí os pementos, pero con resultados desalentadores en todos os casos, o que denota a importancia do ecosistema de produción nas calidades do produto.

As prácticas tradicionais dos agricultores locais mantendo e seleccionando as mellores plantas ao tempo que adaptando as técnicas de produción ás condicións do territorio, deron como resultado un produto diferenciado e de gran popularidade. A selección practicada polos agricultores locais así como o seu coidado por evitar hibridacións indesexadas foron factores decisivos á hora de obter un pemento homoxéneo de características ben delimitadas.

Medio natural

Atópanos

Materias primas

Características do produto

Operadoras certificadas

 

Documentación técnica:

Prego de condicións

Fichas: 2023202220212020, 2019, 2018

 

Consello regulador:

Presidente: José Luis López Fernández

Mougán, 7 – 27185 Guntín

Tel.: 881 997 279
Fax: 981 546 676

IXP Pemento de Oímbra

A agricultura foi dende sempre a principal ocupación dos habitantes da comarca de Verín, alentada por un microclima peculiar e pola fertilidade dos seus solos. Os pementos de Oímbra comezaron a cultivarse con técnicas moi arcaicas que pouco a pouco se foron perfeccionando.

As formas de preparación do Pemento de Oímbra son enormemente variadas: fritos, recheos, asados,  guisados, etc. Existe unha enorme tradición entre a poboación na elaboración de conservas caseiras. A receita máis tradicional consiste no envasado dos pementos asados, seguindo un proceso absolutamente artesanal e natural.

Medio natural

Atópanos

Materias primas

Características do produto

Operadoras certificadas

 

Documentación técnica:

Prego de condicións

Fichas: 2023202220212020, 2019, 2018

 

Consello regulador:

Presidentea: Milagros Prada Pardo

Avenida do Carregal, 3,
32613 Oímbra (Ourense)

Tel.: 881 997 279
Fax: 981 546 676
Correo electrónico: info [at] pementodeoimbra.org (info[at]pementodeoimbra[dot]org)
Web: www.pementodeoimbra.org