Ir o contido principal

Actividades

As análises serven para ter un mellor coñecemento dos produtos agrarios, dos produtos alimentarios e dos medios da producción. O obxectivo é mellorar a calidade e a seguridade alimentarias. Son análises de:

Alimentos e bebidas: análises informativas para empresas de alimentos, de bebidas e adegas, Análises oficiais ao abeiro do control da calidade alimentaria. Certificados de exportación de viño, de bebidas espirituosas e doutras bebidas.

Alimentación Animal: valor nutritivo das forraxes, cereais e pensos. Análises para detectar a presenza de micotoxinas.

Fertilizantes: inorgánicos e orgánicos, auga para rega, lodos de uso agrario e substratos. Análises de mostras oficiais para a comprobación da composición química dos fertilizantes e detectar posibles fraudes.

Sanidade vexetal: analízanse mostras de cultivos herbáceos e leñosos, de sementes e plantas de viveiro. Son mostras oficiais dos servizos de sanidade vexetal, para o seguimento das enfermidades e pragas de corentena. Tamén analízanse as mostras enviadas polas empresas agrarias e cultivadores.

Solos: fertilidade das terras de cultivo e análises foliares dos cultivos para detectar posibles carencias.

Residuos de pesticidas: para detectar a presenza de residuos de produtos fitosanitarios en bebidas, froita, hortalizas, legumes, mel, forraxe, solos, etc. Compróbase que non se sobrepasen os límites máximos permitidos. Son mostras oficiais e mostras dos particulares.

O Laboratorio Agrario participa, xunto con outros laboratorios españois e europeos, en programas de ensaios interlaboratorio, ensaios de aptitude e ensaios de intercomparación. Algúns organizadores destes programas son: Unión Europea, Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, Junta de Andalucía, University of Wageningen dos Países Baixos, BIPEA de Francia, GSC Gabinete de Servicios para la Calidad, LGC Standards, etc. O obxectivo é avaliar a exactitude dos resultados analíticos. A participación nestes programas constitúe de seu un control de calidade externo. Ademais, todos os laboratorios acreditados teñen a obriga de participar.

Tamén forma parte da rede de laboratorios agrarios e alimentarios de España, LAGRORED, coordinada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, MAPA. Esta rede integra aos laboratorios que foron designados polas autoridades competentes das Comunidades Autónomas para realizar o control oficial de produtos agroalimentarios e dos medios da produción agraria, e aos laboratorios agroalimentarios do MAPA. Todos teñen que cumprir os requisitos establecidos no Regulamento (UE) 2017/625.

Por último, participa na formación de alumnos universitarios e de alumnos dos ciclos de formación profesional mediante as prácticas de empresa. No período 2018-2022 tivemos 5 alumnos da formación en centros de traballo, FCT, dos ciclos medio e superior de formación profesional e 41 alumnos da universidade.