Ir o contido principal

O LAFIGA

LAFIGA é un servizo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, AGACAL, que depende da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Está ubicado na finca de Mabegondo da Xunta de Galicia, concello de Abegondo, A Coruña.

Procede do antigo Laboratorio Agrario Regional que estivo en Guísamo, concello de Bergondo, A Coruña. Foi transferido parcialmente do Ministerio de Agricultura á Xunta de Galicia en 1985, completándose a súa transferencia en 1995 coa incorporación do Laboratorio Agroalimentario que permanecía dependendo do Ministerio.

Misión e funcións:

A misión principal é a realización de análises alimentarias e agrarias. Fanse análises físico-químicas de alimentos, bebidas, fertilizantes, forraxes e pensos, solos e análises foliares. Tamén fanse análises da sanidade vexetal dos cultivos herbáceos e leñosos e análises de residuos de pesticidas.

No período 2018-2022 o Laboratorio Agrario analizou unha media de case 19.000 mostras anuais con cerca de 200.000 determinacións anuais de media.

Datos:
Estrada AC-542 pk 7. Mabegondo
15318 Abegondo. A Coruña
laboratorioagrario.medio-rural [at] xunta.es (laboratorioagrario[dot]medio-rural[at]xunta[dot]es)

Telf.: 881881366 e 881881352