Hai 3 departamentos que dependen do director. Son:
- Produtos Agrarios
- Medios da Produción
- Fitopatoloxía
O departamento de Produtos Agrarios organízase en tres seccións:
- Alimentos: leite e queixo, embutidos e productos cárnicos, mel, produtos do mar, produtos vexetais, aceite, castañas, etc.
- Bebidas: viño, augardente, licor, cervexa, auga, vinagre, etc.
- Alimentación Animal: forraxe, cereais e pensos.
O departamento de Medios da Produción ten dúas seccións:
- Solos e análises foliares
- Fertilizantes: inorgánicos, orgánicos, análises de auga para rega, lodos de uso agrario, puríns e substratos.
O departamento de Fitopatoloxía está dividido en dúas seccións:
- Diagnósticos de sanidade vexetal: enfermidades e pragas dos cultivos
- Residuos de pesticidas: en bebidas, froita, hortalizas, legumes, mel, forraxe, solos, etc.
En cada sección hai un responsable técnico, analistas e auxiliares de laboratorio cualificadas. O cadro de persoal está constituído por 43 postos de traballo.