Ir o contido principal

Equipas

EVEGA

Pilar Blanco Camba Licenciada en Bioloxía (1992)  e Doutora en Bioloxía (1997) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Posto actual: Investigadora II de Agacal en Evega. Enoloxía (Desde 2009)

Experiencia previa
Doutoramento no Departamento de Microbioloxía (USC) (1992-1997)
Estancia postdoc no SCRI en Dundee (Escocia-UK) (1998-2000)
Profesora axudante na Universidade de Extremadura (2000-2002)
Postdoc INIA-CCAA  na Evega-Agacal (2002-2007//2008-2009)

Actividade Investigadora
Iniciou na Evega a liña investigadora relacionada co illamento e selección de lévedos de interese en Enoloxía tanto Saccharomyces como non-Saccharomyces, creando un banco de cepas propias da Evega. Estes estudios formaron parte de diversos proxectos financiados pola Xunta e polo Ministerio dos que foi Investigadora responsable. Algunhas das cepas seleccionadas foi probada a escala industrial no marco dun grupo operativo. Tamén traballa en proxectos relacionados co manexo sostible no viñedo, no potencial dos lévedos para mitigar o impacto do cambio climático nos viños e na avaliación da calidade dos viños tanto a nivel aromático e sensorial como sanitario.
 

Emilia Díaz Losada 
Doutora en Bioloxía (1995) e Master en Viticultura e Enoloxía (2007) pola Universidade de Vigo. 
Profesora Asociada da Universidad de Vigo (1995-2005). 
Contratada Postdoctoral  INIA-CCAA (2005-2010) na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) para a investigación na caracterización de variedades de vide
Posto actual: personal propio de AGACAL (Tecnóloga II especialidad viticultura). Coordinadora de la investigación desarrollada en el departamento de Viticultura. 

Actividade investigadora
Inicia a súa actividade na Evega na liña de investigación de recuperación, conservación e mellora de material xenético de vide. Pondo en valor os recursos xenéticos conservados no Banco de Xermoplasma de Evgea coa incorporación ao potencial vitícola galego de novas variedades de vide. Desenvolve os procesos de selección clonal de variedades Brancellao e Sousón e actualmente coordinadora as actuacións de selección de material vexetal de vide e a súa comercialización. Pondo énfases na sustentabilidade do viñedo desenvolve investigacións relacionadas coa fitopatoloxía da vide a fertilización do viñedo e o cambio climático, nas que se implican a numerosas empresas vitivinícolas galegas. Inicia a líña de investigación de fitopatoloxía da vide na Evega, con especial atención nas enfermidades que afectan ao viñedo galego. Coordina o desenvolvemento da plataforma de avisos fitosanitarios para o viñedo galego.

 

María José Graña Caneiro 
Enxeñeira Técnica Agrícola (1989) e Enxeñeira Agrónoma (1994) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Diploma de Estudios Avanzados (DEA) pola Universidade de Vigo (2006)
Máster en Viticultura, Enología y Marketing del vino por Torras y asociados (1997/1998)
Especialista en Evaluación de Impacto Ambiental pola Escuela Politécnica de Madrid (1995) 
Posto actual: Tecnóloga II especialista en Enoloxía (Dende 2009)

Actividade Investigadora
Iniciou a súa actividade formando parte da equipa que rematou o proceso de selección clonal do Albariño e posteriormente levaron a cabo a selección das castes Caíño Tinto e Espadeiro. Participou na caracterización agronómica e enolóxica do banco de xermoplasma establecido en EEVE- Ribadumia, en estudios de poda e portaenxertos así como en técnicas de Xestión Integrada de Pragas e de Produción Ecolóxica que se están a desenvolver na actualidade. A nivel de enoloxía os seus traballos céntranse no  procesado da uva e na tecnoloxía da vinificación (enzimas, lévedos e clarificantes), viños crioconcentrados, elaboracións especiais (vermú, mistela, pasificado, xurupía, escumoso) caracterización de castes de cultivo tradicional en Galicia para a elaboración de viños rosados así como na influenza do tipo de material dos depósitos de vinificación nas características organolépticas dos viños.

CIF Lourizán

Mª Eugenia Miranda Fontaiña
Doutora en Bioloxía
Posto actual: Xefa de Sección de Investigación no departamento de mellora xenética e silvicola
Actividade Investigadora: Conservación dos recursos xenéticos forestais de castiñeiro e cerdeira. Selección dos materiais de reprodución. Métodos: análise de datos moleculares, xenética cuantitativa, propagación vexetativa, floración. Selección e caracterización clonal de especies forestais, multiplicación clonal e cruzamentos controlados. Directora dous programas de mellora xenética dá cerdeira
Teléfono: +34 986 805051

Raquel Díaz Vázquez
Doutora Enxeñeira de Montes (2001) pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM). Xefa de Sección de Mellora Xenética (2000-2002) no Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIFL). Contratada Postdoutoral  INIA-CCAA (2002-2007 e 2008-2013) para a investigación na mellora xenética forestal no CIFL. Contratada AGACAL (2014-2015). Profesora asociada na Universidade de Vigo (2015-2018).
Posto actual: Xefa de Sección de Investigación no departamento de mellora xenética e silvícola
Actividade Investigadora: Iniciou a súa carreira investigadora no CIFL facendo a súa teses doutoral sobre a mellora xenética de nogueira para madeira. Posteriormente colaborou na mellora xenética de castiñeiro e cerdeira. Dende o 2010 é a investigadora responsable do equipo de investigación que traballa nos programas galegos de mellora xenética de piñeiro do país (P. pinaster) e insigne (P. radiata). No 2013 iniciou a liña investigadora relacionada coa mellora xenética de ambos piñeiros por a súa resistencia ao nematodo da madeira do piñeiro (B. xylophilus). Froito desta liña desenroláronse seis proxenitores de familia de Piñeiro do país resistentes ao nematodo, os cales comercializaranse proximamente nos viveiros galegos. Estes traballos formaron parte de diversos proxectos financiados pola Xunta e polo Ministerio dos que foi investigadora responsable. Recentemente tamén está a traballar no estudo da calidade da madeira dos piñeiros e no avance dos programas de mellora para seleccionar a seguinte xeración de mellora de ditos programas.
Teléfono: +34 986 805054

Javier Fernández
Cruz Licenciado en Bioloxía (2006) e Doutor en Bioloxía (2016) pola Universidade de Vigo. Experiencia previa: Técnico Superior en Medio Ambiente na Xunta de Galicia (2008-2009). Bolseiro predoutoral na Xunta de Galicia (2011-2012). Técnico I no antigo INGACAL e na ACACAL (2014-2015;2016-2018; 2018-2021)
Posto actual: Técnico I da AGACAL no Centro de Investigación Forestal de Lourizán a través do convenio asinado entre a AGACAL e a Fundación Juana de Vega (2023-2024) no departamento de mellora xenética e silvícola
Actividade Investigadora: Inicia a súa actividade no Departamento de Silvicultura e Mellora do Centro de Investigación Forestal de Lourizán realizando estudos de caracterización molecular e de análise da diversidade e da estrutura xenética das poboacións de castiñeiro na Península Ibérica e noutras rexións europeas así como dos híbridos interespecíficos creados no século pasado. Desde o ano 2010 desenvolve a súa actividade dentro do Programa de Mellora Xenética do castiñeiro onde realiza a caracterización molecular de árbores superiores para a produción de madeira así como dos individuos da poboación elite que presentan resistencias a factores bióticos e abióticos. Participa na caracterización, recuperación e conservación de variedades de castiñeiro. Ademais, desde o 2016, colabora con viveiros galegos, empresas, particulares e gobernos autonómicos na identificación variedades de castiñeiro.
Teléfono: +34 986.805.068 / 986.805.070

María Menéndez Gutiérrez
Dra. Enxeñeira de Montes
Posto actual: Titulada superior contratada no departamento de mellora xenética e silvícola
Actividade Investigadora: Mellora xenética de especies forestais, principalmente Pinus pinaster e Pinus radiata. Xenética cuantitativa de caracteres de resistencia e tolerancia a factores bióticos e abióticos. Entre a súa liña destacan a selección de caracteres de resistencia ao marchitamiento do piñeiro causado por Bursaphelenchus xylophilus aplicables á mellora xenética de Pinus ssp
Teléfono: +34 986 805077

Eva Prada Ojea
Enxeñeira de Montes (2006) pola Universidade de Santiago de Compostela-Campus de Lugo. Doutorada en Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente (2016) pola Universidade de Vigo.
Posto actual: Xefa de Sección de Investigación no departamento de mellora xenética e silvícola (dende 2016).
Actividade Investigadora:  Inicia a súa actividade no CIF Lourizán na mellora xenética de especies forestais para a súa adaptación ante futuras condicións climáticas. Na actualidade traballa en diferentes liñas dentro dos programas de mellora silvícola e mellora xenética de piñeiro galego e piñeiro radiata: catalogación de hortos de semente, estudo da calidade da madeira e análise dos escenarios de nutrición forestal máis favorables para estas especies.
Teléfono: +34 986 805079

Esteban Gómez García
Doutor Enxeñeiro de Montes (2011) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Estancias de investigación post-doutorais: Instituto Politecnico de Bragança (Portugal, 2016), Universidade do Porto (Portugal, 2015), University of California Berkeley (Estados Unidos, 2014), University College Dublin (Irlanda, 2012), Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (Portugal, 2011).
Posto actual: persoal técnico de apoio no Departamento de Ecosistemas Forestais.
Actividade investigadora: A Inicia a súa actividade no Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF Lourizán), no Departamento de Silvicultura e Mellora, con un contratado post doutoral INIA CCAA (2015-2020); nas liñas de investigación de resinas naturais, mellora silvícola de piñeirais e mellora de Quercus robur L. Actualmente as liñas de investigación nas que participa son a ecoloxía e silvicultura de parcelas silvopastorais; efectos do cambio climático sobre las especies e recursos forestais e desenvolvemento de alternativas para a súa mitigación; caracterización ecolóxica de especies endémicas e de especies exóticas invasoras e métodos de control e eliminación destas últimas; e produtos forestais non madeireiros de orixe vexetal.
Teléfono: +34 986 805055

Pilar Furones Pérez
Doutora Enxeñeira de Montes pola Universidade de Vigo (2010)
Posto actual: Xefa de Sección de Investigación no departamento de Ecosistemas Forestais  [2016 -)
Actividade Investigadora: Traballou en estudos relacionados con primeira e segunda transformación de madeira de Eucalyptus globulus Labill.. Desenvolveu estudos de mellora xenética forestal de Castanea spp. (caracterización ex situ, xenotipado e selección de descriptores morfolóxicos e fenolóxicos).
Na actualidade realiza traballos de conservación e mellora de Quercus robur L., e Betula celtiberica Rothm. & Vasc.; así como recuperación de ensaios de material forestal de Chamaecyparis lawsoniana (A.Murray bis) Parl., Fagus sylvatica L., Pinus lambertiana Douglas, Pinus taeda L., Prunus serotina Ehrh., Pseudotsuga menziesii (Mirb.) Franco, Sequoia sempervirens Endl., Thuja plicata Donn, e Tsuga heterophylla Sarg.
Teléfono: +34 986 805048

F. Javier Silva Pando
Doutor en Bioloxía
Posto actual: Xefe do departamento de Ecosistemas Forestais
Liñas de investigación: Botánica, Ecoloxía, Agroselvicultura, Selvicultura de frondosas.
Teléfono: +34 986 805005

María José Rozados Lorenzo
Licenciada en Farmacia (1982) pola Universidade de Santiago de Compostela
Suficiencia Investigadora pola Universidade de Vigo (1994)
Beca INIA-Deputación Pontevedra e Xunta de Galicia (1990-1993/1994-1996)
Posto actual: Titulada superior especialista do departamento de Ecosistemas Forestais
Liñas de investigación: Comezou no eido da química forestal, traballando na detección de estrés producida polo lume nas árbores. Desenvolveu a súa actividade nos sistemas silvopastorís, na valoración de combinacións de especies animais, arbóreas e pratenses e os seus efectos sobre o medio forestal (solo, vexetación, microclima). Na mesma área de aproveitamento múltiple do monte, participa na busca de ferramentas metodolóxicas cara á mellora da produción de resina nos piñeirais desenvolvendo novos estimulantes químicos. Traballa no ámbito da silvicultura de masas naturais de frondosas e dos seus efectos sobre o medio forestal e na adaptación de especies forestais fronte ó cambio climático en ensaios integrados nunha rede europea. Contribúe ao estudo da dinámica de poboacións de especies endémicas ameazadas de cara á súa conservación. A súa aportación é de carácter transversal e está focalizada no establecemento de metodoloxías e no tratamento de datos.
Teléfono: +34 986 805054

 

Estefanía Suárez Vidal
Licenciada en Bioloxía (2010) pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Bioloxía (2019) pola de Vigo.Posto actual: Técnica de apoio á investigación e divulgación científica no Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán (abril 2023).

Actividade investigadora: Iniciou a súa carreira investigadora no 2013, como técnico auxiliar de laboratorio en Cultigar, inmersa no mundo da biotecnoloxía in vitro, para a mellora e produción de especies ornamentais e forestais.
Entre 2014 – 2019 leva a cabo a súa etapa predoutoral na Misión Biolóxica de Galicia (MBG) – Consello Superior de Investigacións científicas (CSIC), abdicándose ó estudo dos compromisos en piñeiros, é dicir, coñecer como a tolerancia ou resistencia a determinados estreses abióticos (secas, incremento de CO2 atmosférico) e bióticos (pragas e patóxenos) pode interferir nas funcións vitais das árbores (sobrevivir, medrar e reproducirse).
Entre 2020 – 2023 Estefanía segue ligada á MBG – CSIC, desta vez, en colaboración cun proxecto da Deputación de Pontevedra, para pór en valor o banco de xermoplasma da MBG e usos alternativos dos sistemas agroforestais galegos.
En abril de 2023 inicia una nova etapa no Departamento de Protección Forestal do CIF de Lourizán, adentrándose no escenario imposto polo cambio global, con retos como poden ser os lunes forestais e a seca. En relación con isto, a súa liña pretende indagar nos beneficios (a nivel biolóxico) de determinadas técnicas de restauración post-incendio e no coñecemento da relación que pode haber entre a serotinia e a tolerancia á seca en piñeiros da nosa contorna.
Teléfono: +34 986 805066

Cristina Fernandez Filgueira
Doutora en Bioloxía pola Universidade de Vigo (2002).
Posto actual : Xefa de Sección de Investigación no departamento de protección forestal
ORCID: 0000-0003-4134-8727
Scopus: 56370746400. H-index: 31
Liñas de Investigación: Efectos dos incendios forestais e das técnicas preventivas de incendios sobre a rexeneración natural da vexetación, escorrentía e erosión do chan. Desenvolvemento e estudo de efectos dos tratamentos de rehabilitación para a mitigación do risco hidrolóxico-erosivo en áreas forestais queimadas.
No últimos dez anos participou en diferentes proxectos nacionais e internacionais sobre os temas mencionados de convocatorias competitivas (5 nacionais e 3 europeos). É autora de diversas publicacións sobre as materias da súa especialidade (89 artigos en revistas SCI; 4 libros; 25 capítulos de libro; 24 artigos en revistas non indexadas; 150 comunicacións a Congresos).
Teléfono: +34 986 805013

Enrique Martínez Chamorro
Enxeñeiro de montes (especialidade silvopascicultura) na E.T.S. de Enxeñeiros de Montes. Universidade Politécnica de Madrid (1990). Doutor Enxeñeiro de Montes pola Escola Politécnica Superior de Lugo. Universidade de Santiago de Compostela (2004)  
Posto actual: director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. (2014)
Actividade Investigadora: Iniciou a súa carreira investigadora no 1989 e 1990, como técnico no departamento de lumes forestais do CIF de Lourizán. Entre 1991 – 2014 traballa como técnico contratado e funcionario nos Servizos de Montes e de Defensa contra Incendios Forestais de Lugo, Ourense e Pontevedra, nestas dúas provincias como xefe de servizo . Entre 2001 – 2013 foi profesor asociado da E.U.E Técnica Forestal de Pontevedra impartindo as materias de Enxeñeira do medio forestal e silvopascicultura
Entre 2014 – 2024 a parte de dirixir o  CIF de Lourizán, traballa dentro da liña de produtos forestais non madeireiros (PFNM) estudando as posibilidades do aproveitamento resineiro en Galicia para a especie Pinus pinaster Ait.  co obxectivos de ter un aproveitamento sostible de resina de calidade compatible coa produción de madeira, unha maior produción co emprego da técnicas alternativas, optimizar a época de resinación, e mellorar  a metodoloxía para empregar
Publicacións científicas
https://scholar.google.com/citations?user=ukTSrAYAAAAJ
https://orcid.org/0000-0002-3531-3336
Teléfono: +34 986 805001