Os clientes poden formular as súas queixas e reclamacións por correo-e ou presentándoas por escrito no Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia.
O Laboratorio fará acuse de recibo da queixa e, sempre que sexa posible, facilitará a quen a presente, os informes de progreso e/ou o resultado do tratamento da mesma.
De acordo co manual de calidade, todas as queixas e reclamacións serán atendidas polo director e/ou polos responsables técnicos. Deixarase rexistro da reclamación na "Folla de Reclamación", formato M1501.
O Laboratorio Agrario confirmará se a queixa está relacionada coas actividades das que é responsable e neste caso comezará o seu tratamento, sometendo a decisión á aprobación do director.
Unha vez recibida a queixa e/ou reclamación verificaranse os rexistros e poderanse repetir as análises se fose necesario.
Cada reclamación ou queixa será identificada co código XXX/ YY (onde XXX é un número correlativo de reclamación dentro do ano, e YY as dúas últimas cifras do ano en curso) que asignará o responsable de calidade ou o director. No formato de reclamación rexistraranse a queixa, o motivo da queixa e as accións tomadas para resolvela.
Se a reclamación é procedente poderase abrir un informe de non conformidade e tratarase segundo o establece o manual de calidade do Laboratorio Agrario. Cando o responsable de calidade ou o director o estimen oportuno, iniciarase unha verificación (auditoría) das partes do sistema de calidade afectadas.
O director informará ao cliente das accións correctoras propostas para resolver a reclamación. Se o informe de resultados estivese xa publicado, o tratamento sería emitir un novo coa lenda MODIFICACIÓN Nº 1. No novo informe indicarase que sustitúe ao anterior.
Os resultados que se comuniquen a quen presenta a queixa deben revisarse e aprobarse polo director do Laboratorio. Sempre se notificará o peche da reclamación.