O laboratorio atende consultas que chegan dende adegas ou particulares sobre cuestións técnicas e desenvolve proxectos de investigación para darlle resposta ás necesidades do sector.
O seu instrumental analítico permite estudar os principais compostos químicos relacionados coa calidade das uvas, dos viños, das augardentes e a súa seguridade alimentaria. O traballo do laboratorio artéllase coas demais áreas vitivinícolas. Coa súa investigación, asentada na química, aporta datos cuantitativos que complementan os resultados obtidos noutras áreas.
Documentos:
Solicitude analítica
Protocolo de envío de mostras
Catálogo de ensaios acreditados
Catálogo de ensaios non acreditados