O artigo 59 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia prescribe, en relación coas entidades públicas instrumentais, que a celebración de contratos laborais de duración determinada debe ser autorizada polos órganos superiores de goberno e dirección, e que deben contar cos informes favorables previos dos centros directivos competentes en materia de función pública e de orzamentos, sen que, en ningún caso, poidan dar lugar a contratos indefinidos. A selección deste persoal realizarase entre as persoas incluídas nas listas da Administración autonómica ou, de ser o caso, a través dos servizos públicos de emprego. Porén, estas entidades poderán excepcionalmente acollerse a un sistema de listas previo por categorías, coa autorización previa do centro directivo competente en materia de función pública, logo da negociación coas organizacións sindicais representativas no ámbito da función pública. En atención á previsión desta excepción, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e en relación co persoal investigador tramitou a elaboración dunhas listas de persoal investigador a contratar asociados a programas de investigación de duración determinada. A convocatoria das listas publicouse por RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o proceso de elaboración das listas propias desta axencia para a contratación temporal de persoal investigador e se abre o prazo de presentación de solicitudes en 2021 (código de procedemento MR325A). A reforma laboral introducida polo RDL 32/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo limitou o recurso a estas listas exclusivamente aos proxectos financiados con fondos europeos.
As necesidades de investigación na Agacal determínanse en tres sectores de actividade: agropecuaria, forestal e viticultura-enoloxía. Cada sector ten distintas áreas e cada área desagrégase en liñas de investigación específicas codificadas:
CATÁLOGO DE LIÑAS DE INVESTIGACIÓN:
- A AGROPECUARIA
-
A1 GANDERÍA
A11 VACÚN DE LEITE
A12 VACÚN DE CARNE
A13 OVINO, CABRÚN, ÉQUINO E OUTRAS ESPECIES
A14 MELLORA XENÉTICA ANIMAL
A15 SANIDADE ANIMAL: PARASITOLOXÍA
A16 SANIDADE ANIMAL: BACTERIOLOXÍA E VIROLOXÍA
A17 BIOESTATÍSTICA E EPIDEMIOLOXÍA APLICADA A ENFERMIDADES ANIMAISA2 AGRONOMÍA
A21 VALORACIÓN NUTRICIONAL DE ALIMENTOS PARA RUMINANTES
A22 PASTOS E CULTIVOS ANUAIS
A23 FERTILIZACIÓN E SOLOS
A24 HORTA
A25 FRUTICULTURA
A26 MILLO E OUTROS CULTIVOS DE VERÁN
A27 CEREAIS DE INVERNO
A28 MELLORA XENÉTICA VEXETAL
A29 SANIDADE VEXETAL
A210 SISTEMAS DE PRODUCIÓN EN ECOLÓXICOA3 ECONOMÍA AGRARIA
A30 ECONOMÍA AGRARIAA4 TECNOLOXÍA, CALIDADE E SEGURIDADE ALIMENTARIA
A40 TECNOLOXÍA, CALIDADE E SEGURIDADE ALIMENTARIAA5 TECNOLOXÍA AMBIENTAL NAS ACTIVIDADES AGRARIAS
A50 TECNOLOXÍA AMBIENTAL NAS ACTIVIDADES AGRARIASA6 BIOLOXÍA MOLECULAR
A60 BIOLOXÍA MOLECULAR - B FORESTAL
-
B1 MELLORA XENÉTICA E FORESTAL E SILVICULTURA
B11 SILVICULTURA E MANEXO DE PLANTAS FORESTAIS
B12 MELLORA XENÉTICA DE CONÍFERAS
B13 MELLORA XENÉTICA DE FRONDOSASB2 PRAGAS E ENFERMIDADES FORESTAIS
B21 PRAGAS E ENFERMIDADES DE CONÍFERAS
B22 PRAGAS E ENFERMIDADES DE FRONDOSAS
B23 RESISTENCIA E TOLERANCIA A ENFERMIDADES FORESTAISB3 ADAPTACIÓN E PRESERVACIÓN DOS ECOSISTEMAS FORESTAIS AO CAMBIO CLIMÁTICO E PRODUTOS FORESTAIS NON MADEIREIROS
B31 SILVOPASCICULTURA
B32 ECOLOXÍA FORESTAL E CAMBIO CLIMÁTICO
B33 BIODIVERSIDADE VEXETAL
B34 PRODUTOS FORESTAIS NON MADEIREIROS DE ORIXE VEXETALB4 PREVENCIÓN E XESTIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS E RESTAURACIÓN DE ÁREAS QUEIMADAS
B41 TRATAMENTOS PREVENTIVOS DE COMBUSTIBLES FORESTAIS
B42 PREDICIÓN E MODELIZACIÓN DA SEVERIDADE DO LUME
B43 RESTAURACIÓN POST-INCENDIO E XESTIÓN DE ÁREAS QUEIMADAS
B44 AVALIACIÓN DA VULNERABILIDADE FRONTE A INCENDIOS DOS ECOSISTEMAS FORESTAIS
B45 ANALÍTICA DE CHANSB5 BIOLOXÍA MOLECULAR
B50 BIOLOXÍA MOLECULAR. - C VITICULTURA E ENOLOXÍA
-
C1 MATERIAL VEXETAL E RECURSOS XENÉTICOS
C11 CARACTERIZACIÓN DE VARIEDADES
C12 XENÉTICA E XENÓMICA
C13 MELLORA VEXETALC2 PROTECCIÓN FITOSANITARIA DO CULTIVO DA VIDE
C21 PRAGAS E ENFERMIDADES
C22 PROTECCIÓN DO CULTIVOC3 TECNOLOXÍA DA PRODUCIÓN VITÍCOLA
C31 SISTEMAS DE PRODUCIÓN
C32 VITICULTURA E MEDIO
C33 VITICULTURA DE PRECISIÓNC4 RASTREXABILIDADE DE MOSTOS, VIÑOS E DERIVADOS
C40 RASTREXABILIDADE DE MOSTOS, VIÑOS E DERIVADOSC5 TÉCNICAS ENOLÓXICAS
C50 TÉCNICAS ENOLÓXICASC6 MICROBIOLOXÍA DO VIÑO
C60 MICROBIOLOXÍA DO VIÑOC7 ANÁLISE SENSORIAL
C70 ANÁLISE SENSORIAL.
As persoas aspirantes deberán acreditar estar en posesión dos seguintes requisitos:
a) Titulación requirida segundo os sectores de actividade en que se integran as áreas e liñas de investigación:
Sector agropecuario:
Grao en Enxeñaría Agraria ou equivalente, grao en Bioloxía ou equivalente, grao en Veterinaria ou equivalente, grao en Ciencias Ambientais ou equivalente, grao en Bioinformática ou equivalente, grao en Química ou equivalente, grao en Bioquímica ou equivalente, grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos ou equivalente, grao en Farmacia ou equivalente, grao en Economía ou equivalente, grao en Estatística ou equivalente.
Sector forestal:
Grao en Enxeñaría de Montes, grao en Enxeñaría Agraria, grao en Bioloxía ou equivalente, grao en Ciencias Ambientais ou equivalente, grao en Bioinformática ou equivalente, grao en Química ou equivalente, grao en Bioquímica ou equivalente, grao en Farmacia ou equivalente, grao en Economía ou equivalente, grao en Estatística ou equivalente.
Sector viticultura e enoloxía:
Grao en Enxeñaría Agraria ou equivalente, grao en Enxeñaría de Montes ou equivalente, grao en Bioloxía ou equivalente, grao en Ciencias Ambientais ou equivalente, grao en Bioinformática ou equivalente, grao en Química ou equivalente, grao en Bioquímica ou equivalente, grao en Farmacia ou equivalente, grao en Tecnoloxía dos Alimentos ou equivalente, grao en Economía ou equivalente, grao en Estatística ou equivalente.
b) Formación específica (requisito indispensable): doutoramento en campos científicos aplicables ás liñas de investigación no catálogo, así como aquelas persoas que teñan acadado a suficiencia investigadora ou o DEA nas mesmas liñas, ou que, estando matriculados nos cursos de doutoramento, acrediten ter superado, cando menos, un curso completo.
Acceso a listas.
Acceso a xestion@ (o apartado da web de xestion@, debería facilitar a presentación de solicitudes de incorporación ás listas, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal)