Ir o contido principal

NOVA

POXA PÚBLICA DE ANIMAIS VACÚNS DE RAZA RUBIA GALEGA

NOVA.- Amplíase o prazo de inscrición para participar na poxa pública ata as 13:00 horas do xoves, día 09 de xullo de 2026.

Recordase que a información do prego de condicións da poxa e a información dos animais está dispoñible en https://agacal.xunta.gal/gl/institucional/novas

A inscrición para participar na poxa realizarase a través do Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, mediante o procedemento PR004A, dirixido á Axencia Galega da Calidade Alimentaria a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A) ou presencialmente no propio rexistro do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

A documentación a presentar xunto coa instancia xenérica do procedemento PR004A que se xenera ao cumprimentar os datos na citada sede electrónica é a seguinte:

  • Modelo de inscrición previa (modelo anexo I).
  • Declaración responsable (modelo anexo II).
  • Acreditación da personalidade:
    No caso de persoas físicas: copia do documento nacional de identidade ou pasaporte en vigor
    No caso de persoas xurídicas: escritura de constitución inscrita no rexistro correspondente.
    Acreditación de estar inscritos no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA)

Prego de condicións da poxa

Información dos animais

Acordo de ampliación de prazos

Anexo I

Anexo II

 

Os licitadores interesados poderán revisar os animais en visita presencial os vindeiros días 8 e 9 de xullo entre as 10:00 e as 13:00 horas. O día 10 de xullo tamén será posible revisar os animais en horario de 9:00 a 11:00 horas concertando previamente a visita no teléfono 881 881 806.

XORNADA TÉCNICA "VIXILANCIA SANITARIA NAS ADSG DE VACÚN" DE GALICIA

O vindeiro xoves, 25 de setembro, no salón de actos do concello da Fonsagrada , terá lugar unha xornada técnica de vixilancia sanitaria nas ADSG de vacún de Galicia.

 

Ler máis

SEGUE ABERTO O PRAZO DE MATRICULACIÓN NOS CICLOS OFERTADOS NOS CFEA PEDRO MURIAS DE RIBADEO E NO DE BECERREÁ

O prazo para matricularse nos graos medios dos Centros de Formación e Experimentación Agraria da Consellería do Medio Rural segue aberto ata o 26 de setembro ás 13.00 horas e, os estudantes interesados, aínda poden solicitar matrícula no CFEA “Pedro Murias”, situado en Ribadeo, e no de Becerreá.

No...

Ler máis

Plan de transferencia tecnolóxica 2025: estratexias de marketing e claves para aumentar o valor do teu produto

No marco do Plan de transferencia tecnolóxica 2025, financiadas a través do “Plan estratéxico da PAC 2023-2027”, está previsto a través do Departamento de Investigación e Transferencia Tecnolóxica, a realización das seguintes accións formativas, dirixidas a persoas do sector da industria...

Ler máis

VISITA TÉCNICA A PEQUENAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS ARTESÁS EN AUSTRIA

Agacal levou a cabo a finais de marzo unha viaxe ao país alpino na que participaron gandeiros e técnicos galegos, co obxectivo de impulsar a transformación do leite por parte das explotacións.

Nesta publicación presentámosche un resumo das visitas realizadas a distintas ganderías e institucións.

https...

Ler máis

AXUDAS ÁS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS PERTENCENTES Á INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA FABA DE LOURENZÁ

Con data 27 de xuño de 2025 publicouse no DOG a resolución da AGACAL do 17 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás explotacións agrícolas pertencentes á indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR302C).

Se...

Ler máis

POXA PÚBLICA DE CINCUENTA E OITO ANIMAIS VACÚNS DE RAZA RUBIA GALEGA

Prego de condicións da poxa

Información dos animais

Ler máis

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CFEA PEDRO MURIAS (Ribadeo)

Xornada de portas abertas o 11 de xuño ás 9:30 horas

Programa da xornada

Ler máis

RELACIÓN DAS PERSOAS AFECTADAS POLA RESOLUCIÓN DO 23 DE ABRIL DE 2025 SOBRE A EXECUCIÓN DA SENTENZA 163/2023, DITADA POLA SECCIÓN TERCEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE LEÓN.

Ler máis

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CFEA SERGUDE (Boqueixón)

Programa da xornada

Ler máis

Presentación do Proxecto REVERDECER: ECOFISIOLOXÍA VEXETAL E CONCIENCIACIA PARA A CONSERVACIÓN DOS BOSQUES AUTÓCTONOS no CFEA de Guísamo

  • Presentouse no CFEA de Guísamo o proxecto REVERDECER: ECOFISIOLOXÍA VEXETAL E CONCIENCIACIA PARA A CONSERVACIÓN DOS BOSQUES AUTÓCTONOS, un programa de divulgación científico-artístico-social que forma parte dun acordo de colaboración entre a Fundación Maria José Jove e a Axencia Galega de Calidade...

Ler máis

Presentación do Proxecto REVERDECER: ECOFISIOLOGÍA VEGETAL E CONCIENCIA PARA LA CONSERVACIÓN DOS BOSQUES AUTÓCTONOS no CFEA de Guísamo

  • Presentouse no CFEA de Guísamo o proxecto REVERDECER: ECOFISIOLOXÍA VEXETAL E CONCIENCIACIA PARA A CONSERVACIÓN DOS BOSQUES AUTÓCTONOS, un programa de divulgación científico-artístico-social que forma parte dun acordo de colaboración entre a Fundación Maria José Jove e a Axencia Galega de Calidade...

Ler máis

A Consellería do Medio Rural lembra que segue aberto o prazo de matriculación no Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias de Ribadeo

 

  • Este centro lucense oferta os ciclos medios de Formación Profesional Dual Intensiva de Produción Agroecológica e de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e os estudantes interesados aínda poden presentar a súa solicitude
  • O alumnado destes cursos conta cun amplo abanico de saídas...
Ler máis

A Xunta lembra que segue aberto o prazo para matricularse nos centros de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias e Guísamo

  • Ofértanse prazas nos ciclos de formación profesional de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, Produción Agroecolóxica, Paisaxismo e Medio Rural e no de Xardinería e Florería
  • Trátase de ciclos en modalidade dual intensiva, polo que os estudantes poderán poñer en práctica a formación teórica...
Ler máis

Listaxe provisional de admitidos PREP2022-000520 asinada

RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS Á CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A PROVISIÓN, MEDIANTE A CONTRATACIÓN, BAIXO A MODALIDADE CONTRACTUAL DE ACTIVIDADES CINENTÍFICO-TÉCNICAS, DUN INVESTIGADOR PREDOUTORAL (PREP2022-000520), NO MARCO DAS AXUDAS A...

Ler máis