Ir o contido principal

Aviso legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o "Portal") que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.

A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel "xunta.gal" e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.

O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Privacidade

A política de privacidade da Xunta de Galicia baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter personal, e no resto da normativa de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informaticamente ou arquivaranse co consentimento do cidadán, que ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que estes sexan exactos e que se utilicen para o fin para que se recollen, coas excepcións previstas na lexislación vixente.

Protección de datos

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

Política de cookies

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookies segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do/a usuario/a polo Portal e o emprego dos servizos dispoñibles nel.
  • Cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras nel.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookies:

Tipo de cookieCookieFinalidadePolítica
PropiaSSESS**Manter activa a sesión da persoa usuaria e no idioma seleccionadoXunta de Galicia - Política de cookies
De terceiros (Google)_gid, _gaAnalítica e distinguir ás persoas usuariasGoogle Analytics - Protección de datos

As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste portal son de tipo analíticas: permiten a medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias polo portal mediante o uso da ferramenta Google Analytics. A información recollida por estas cookies é transmitida a Google de forma anonimizada, polo que estas non recollen datos persoais. En todo caso, se desexa rexeitar o seu uso, siga os pasos indicados en Xestión das cookies.

Xestión das cookies

Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:

No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.