Ir o contido principal

A axencia

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria é unha entidade instrimental do sector público autonómico das reguladas no título III da Lei 16/2010 do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (LOFAXGA).

En tanto que tal, está adscrita á Consellería do Medio Rural, ten personalidade xurídica propia, patrimonio e tesouraría propios e autonomía de xestión, nos termos establecidos na LOFAXGA, na normativa financeira e orzamentaria de Galicia, e nos seus estatutos.

Nace en 2018 para ser o instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade e potenciar a calidade da produción agroalimentaria e forestal, concentrando as actividades investigadoras e de desenvolvemento tecnolóxico neste eido, vinculadas á mellora da súa competitividade, especialmente a través da transferencia de coñecementos. Para tal fin, a Axencia integra os centros públicos de investigación e de formación e experimentación agroforestal da Xunta de Galicia.

A Axencia réxese polos seus estatutos, aprobados polo Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo establecido na Lei 2/2005, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega e, para o desenvolvemento das súas actuacións no ámbito da I+D+I, pola lexislación básica do Estado nesta materia; pola Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, e pola Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, ou normas que as substitúan.

Ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dela dependentes. As
relacións da Axencia cos poderes adxudicadores dos cales é medio propio e servizo técnico teñen natureza instrumental e non contractual, e articularanse a través de encargos ou das encomendas de xestión previstas na lexislación de contratos do sector público, polo que, para todos os efectos, as ditas relacións son de carácter interno, dependente e subordinado.

CONSELLO REITOR

Membros natos:

Presidente:

Mª José Gómez Rodríguez
(Conselleira do Medio Rural)

Martín Alemparte Vidal
(director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria) 

Vogais: 

Pola Consellería de Facenda e Administración Pública

Davíd Cabañó Fernández
(secretario xeral técnico)

Pola Consellería do Medio Rural

José Luis Chan Rodríguez
(director xeral de Planificación e Ordenación Forestal)

Silvestre José Balseiros Guinarte
(director xeral de Agricultura, Gandería e Industrias Agroalimentarias)

Mª Paz Rodríguez Rivera
(directora xeral de Desenvolvemento Rural)

José Manuel Janeiro Caramés
(subdirector xeral de Industrias Agroalimentarias)

Pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Manuel López Luaces
(xefe da Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria)

Pablo Lúgaro Seco
(xefe do Departamento de Investigación e Transferencia)

Ricardo Rivas Barros
(xefe da Área de Calidade Alimentaria)

María José González González
(xefa do Departamento de Promoción da Calidade Alimentaria)

Secretario:

Laura Mezquiriz Miguel
(xerente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria)