Os usuarios profesionais e vendedores de produtos fitosanitarios teñen a están obrigados a estar en posesión dun carné que acredite coñecementos apropiados para exercer esta actividade, segundo os niveis de capacitación establecidos e as materias especificadas para cada nivel.
Estarán EXENTOS da obriga de realizar os cursos de nivel básico e nivel cualificado os usuarios profesionais e vendedores de productos fitosanitarios que estean en posesión dalguna das titulacións e/ou certificados de profesionalidade que aparecen no Anexo I do documento para a harmonización dos sistemas de formación dos usuarios profesionais de produtos fitosanitarios
Normativa:
Os coñecementos anteditos deben concordar cos establecidos no Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios (BOE nº 223, do 15 de setembro de 2012).
Niveis de capacitación
- Básico
-
Para o persoal auxiliar de tratamentos terrestres e aéreos, incluíndo os non agrícolas, e os agricultores que os realizan na propia explotación sen empregar persoal auxiliar e utilizando produtos fitosanitarios que non sexan nin xeren gases tóxicos, moi tóxicos ou mortais.
- Cualificado
-
Para os usuarios profesionais responsables dos tratamentos terrestres, incluídos os non agrícolas, e para os agricultores que realicen tratamentos empregando persoal auxiliar. Tamén se expedirán para o persoal que interveña directamente na venda de produtos fitosanitarios de uso profesional, capacitando para proporcionar a información adecuada sobre o seu uso, os seus riscos para a saúde e o medio ambiente e as instrucións para mitigar os devanditos riscos. O nivel cualificado non outorga capacitación para realizar tratamentos que requiran os niveis de fumigador ou de piloto aplicador.
Tamén se expedirán para o persoal auxiliar da distribución que manipule produtos fitosanitarios.
- Fumigador
-
Para aplicadores que realicen tratamentos con produtos fitosanitarios que sexan gases clasificados como tóxicos, moi tóxicos, ou mortais, ou que xeren gases desta natureza.
Para obter o carné de fumigador será condición necesaria adquirir previamente a capacitación correspondente ao nivel cualificado, segundo o especificado no apartado "Cualificado". - Piloto aplicador
-
Para o persoal que realice tratamentos fitosanitarios desde ou mediante aeronaves, sen prexuízo do cumprimento da normativa específica que regula a concesión de licenzas no ámbito da navegación aérea.
Programa formativo dos cursos segundo o nivel de capacitación:
- Curso de nivél básico (25 horas)
-
CONTIDOS (Anexo IV do Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro) TEORÍA* PRÁCTICAS EN AULA** PRÁCTICAS EN CAMPO** Módulo 1
Pragas dos cultivos: clasificación e descrición.2 Módulo 2
Produtos fitosanitarios: clasificación e descrición. Importancia e contido das etiquetas e das fichas de datos de seguridade: Clasificación e etiquetaxe. Pictogramas, palabras de advertencia, frases de risco ou indicacións de perigo, consellos de prudencia, síntomas de intoxicación e recomendacións para o usuario. Casos prácticos.1 1 Módulo 3
Riscos derivados da utilización de produtos fitosanitarios para o medio ambiente. Medidas para reducir os devanditos riscos, incluíndo medidas de emerxencia en caso de contaminacións accidentais. Boas prácticas ambientais en relación á preservación dos recursos naturais, biodiversidade, flora e fauna. Protección e medidas especiais establecidas na Directiva Marco da auga (Directiva 2000/60/CE). Eliminación de envases baleiros. Casos prácticos.1 1 Módulo 4
Perigo dos produtos fitosanitarios para a saúde das persoas: Riscos para o consumidor por residuos de produtos fitosanitarios. Maneira de evitalos e medidas de emerxencia en caso de contaminacións accidentais. Concepto de seguridade alimentaria. Riscos para a poboación en xeral. Riscos para o aplicador: Intoxicacións e outros efectos sobre a saúde. Prácticas de primeiros auxilios. Estruturas de vixilancia sanitaria e dispoñibilidade de acceso para informar sobre calquera incidente ou sospeita de incidente.1 1 Módulo 5
Medidas para reducir os riscos sobre a saúde: Niveis de exposición do operario. Posibles riscos derivados de realizar mesturas de produtos. Medidas preventivas e de protección do aplicador. Equipos de protección individual.1,5 Módulo 6
Prácticas de identificación e utilización de EPIs.1 Módulo 7
Secuencia correcta durante o transporte, almacenamento e manipulación dos produtos fitosanitarios.1 Módulo 8
Métodos de control de pragas, incluíndo os métodos alternativos. Tratamentos fitosanitarios. Preparación, mestura e aplicación.2 1 Módulo 9
Métodos de aplicación de produtos fitosanitarios. Factores a ter en conta para unha aplicación eficiente e correcta.1 1 Módulo 10
Equipos de aplicación: descrición e funcionamento.2 Módulo 11
Limpeza, mantemento e inspeccións periódicas dos equipos.1 Módulo 12
Practicas de aplicación de tratamento fitosanitario.3 Módulo 13
Relación traballo-saúde: normativa sobre prevención de riscos laborais.1,5 Módulo 14
Métodos para identificar os produtos fitosanitarios ilegais e riscos asociados ao seu uso. Infraccións, sancións e delitos.1 DURACIÓN TOTAL 16 6 3 25 * Asistencia mínima do 80%.
** Impartición presencial obrigatoria, asistencia mínima do 100%. - Curso de nivel cualificado (60 horas)
-
CONTIDOS (Anexo IV do Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro) TEORÍA* PRÁCTICAS EN AULA** PRÁCTICAS EN CAMPO** Módulo 1
Pragas dos cultivos: clasificación, descrición e danos que producen.6 Módulo 2
Métodos de control de pragas. Importancia dos métodos non químicos. Medios de protección fitosanitaria.5 1 Módulo 3
Estratexias e técnicas para a xestión integrada de pragas. Control biolóxico e outras técnicas alternativas para o control de pragas en distintos cultivos. Principios xerais da xestión integrada de pragas. Toma de decisións en protección fitosanitaria e iniciación á avaliación comparativa. Prácticas de identificación de pragas e de organismos de control biolóxico e o seu manexo.5 2 Módulo 4
Produción integrada e produción ecolóxica.4 Módulo 5
Produtos fitosanitarios: substancias activas e preparados comerciais. Descrición e clasificación. Elección de produtos fitosanitarios. Identificación e interpretación das etiquetas e das fichas de datos de seguridade: Clasificación e etiquetaxe. Pictogramas, palabras de advertencia, frases de risco ou indicacións de perigo, consellos de prudencia, síntomas de intoxicación e recomendacións para o usuario. Casos prácticos.1 1 Módulo 6
Riscos derivados da utilización de produtos fitosanitarios para o medio ambiente. Medidas para reducir os devanditos riscos, incluíndo medidas de emerxencia en caso de contaminacións accidentais. Boas prácticas ambientais en relación á preservación dos recursos naturais, biodiversidade, flora e fauna. Protección e medidas especiais establecidas na Directiva Marco da auga (Directiva 2000/60/CE). Casos prácticos.1 1 Módulo 7
Perigo dos produtos fitosanitarios para a saúde das persoas: – Riscos para o consumidor por residuos de produtos fitosanitarios. Maneira de evitalos e medidas de emerxencia en caso de contaminacións accidentais. Concepto de seguridade alimentaria e Alerta sanitaria. – Riscos para a poboación en xeral e os grupos vulnerables. – Riscos para o aplicador: Intoxicacións e outros efectos sobre a saúde. Vixilancia sanitaria da poboación exposta a praguicidas. Prácticas de primeiros auxilios. – Estruturas de vixilancia sanitaria e dispoñibilidade de acceso para informar sobre calquera incidente ou sospeita de incidente.1 1 Módulo 8
Medidas para reducir os riscos sobre a saúde: Niveis de exposición do operario. Posibles riscos derivados de realizar mesturas de produtos. Medidas preventivas e de protección do aplicador. Equipos de protección individual.2 Módulo 9
Prácticas de identificación e utilización de EPIs.1 Módulo 10
Secuencia correcta durante o transporte, almacenamento e manipulación dos produtos fitosanitarios.1 Módulo 11
Tratamentos fitosanitarios. Preparación, mestura e aplicación.1 Módulo 12
Métodos de aplicación de produtos fitosanitarios. Factores a ter en conta para unha eficiente e correcta aplicación. Importancia da dosaxe e dos volumes de aplicación. Casos prácticos.1 1 Módulo 13
Equipos de aplicación: descrición e funcionamento.3 Módulo 14
Limpeza, regulación e calibración dos equipos.2 Módulo 15
Mantemento, revisións e inspeccións periódicas dos equipos.2 Módulo 16
Practicas de revisión e calibración de equipos. Riscos relacionados co uso de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.4 Módulo 17
Practicas de aplicación de tratamento fitosanitarios.4 Módulo 18
Eliminación de envases baleiros. Sistemas de xestión. Normativa.1 Módulo 19
Rastrexabilidade. Requisitos en materia de hixiene dos alimentos e dos pensos. Rexistro de pragas e de tratamentos nas explotacións agrarias. O caderno de explotación.1 1 Módulo 20
Relación traballo-saúde: normativa sobre prevención de riscos laborais.2 Módulo 21
Seguridade social agraria.1 Módulo 22
Normativa que afecta á utilización de PF: Compra, transporte e almacenamento. Autorización e rexistro de produtos fitosanitarios, e medida en que afecta á utilización dos mesmos.2 Módulo 23
Métodos para identificar os produtos fitosanitarios ilegais e riscos asociados ao seu uso. Infraccións, sancións e delitos.1 DURACIÓN TOTAL 42 10 8 60 * Asistencia mínima do 80%.
** Impartición presencial obrigatoria, asistencia mínima do 100%. - Curso ponte de nivel básico a nivel cualificado (35 horas)
-
CONTIDOS TEORÍA PRÁCTICAS EN AULA** PRÁCTICAS EN CAMPO** Módulo 1
As pragas dos cultivos: clasificación, descrición e danos que producen.4 Módulo 2
Métodos de control de pragas. Importancia dos métodos non químicos. Medios de protección fitosanitaria.3 Módulo 3
Estratexias e técnicas para a xestión integrada de pragas. Control biolóxico e outras alternativas para o control de pragas en distintos cultivos. Principios xerais da xestión integrada de pragas. Toma de decisións en protección fitosanitaria e iniciación á avaliación comparativa. Prácticas de identificación de pragas e de organismos de control biolóxico e o seu manexo.5 2 Módulo 4
Produción integrada e produción ecolóxica.4 Módulo 5
Medidas para reducir os riscos sobre a saúde: niveis de exposición do operario. Posibles riscos derivados de realizar misturas de produtos. Medidas preventivas e de protección do aplicador. Equipos de protección individual.0,5 Módulo 6
Tratamentos fitosanitarios. Preparación, mistura e aplicación.1 Módulo 7
Equipos de aplicación: descrición e funcionamento.1 Módulo 8
Limpeza, regulación e calibración dos equipos.1 Módulo 9
Mantemento, revisións e inspeccións periódicas de los equipos2 Módulo 10
Prácticas de revisión e calibración de equipos. Riscos relacionados co uso de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.4 Módulo 11
Prácticas de aplicación de tratamentos fitosanitarios.1 Módulo 12
Eliminación de envases baleiros. Sistemas de xestión. Normativa.1 Módulo 13
Trazabilidade. Requisitos en materia de hixiene dos alimentos e dos pensos. Rexistro de pragas e de tratamentos nas explotacións agrarias. O caderno de explotación.1 1 Módulo 14
Relación traballo-saúde normativa sobre prevención de riscos laborais.0,5 Módulo 15
Seguridade social agraria.1 Módulo 16
Normativa que afecta á utilización de PF. Compra, transporte e almacenamento. Autorización e rexistro de produtos fitosanitarios e medida en que afecta á utilización dos mesmos.2 DURACIÓN TOTAL 27 3 5 35 - Curso de renovación do nivel cualificado (10 horas)
-
CONTIDOS TEORÍA* PRÁCTICAS EN AULA** PRÁCTICAS EN CAMPO** Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro 2,5 Inspección técnica de equipos de aplicación 1 Trazabilidade e cadernos de explotación 0,5 1 Novo regulamento de clasificación e etiquetado de produtos fitosanitarios 1 Equipos de aplicación 1 Dosificación, calibrado e prácticas 3 DURACIÓN TOTAL 6 1 3 10 * Asistencia mínima do 80%.
** Impartición presencial obrigatoria, asistencia mínima do 100%. - Curso de fumigador (25 horas)
-
CONTIDOS (Anexo IV do Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro) TEORÍA* PRÁCTICAS EN AULA** PRÁCTICAS EN CAMPO** Módulo 1
Problemáticas fitosanitarias: a. Dos chans agrícolas; b. Dos produtos vexetais almacenados; c. Dos locais e instalacións agrícolas; d. Dos medios de transporte e utillaje agrícola;e. Das plantas vivas e material vexetativo; f. Dos cultivos en ambiente confinado.3 Módulo 2
Propiedades, modos e espectro de acción dos fumigantes.1 Módulo 3
Transporte, almacenamento e manipulación de fumigantes.1 Módulo 4
Factores a considerar na aplicación dos distintos fumigantes.1 Módulo 5
Técnicas e equipos de fumigación.1 Módulo 6
Mantemento, regulación, calibración, revisión e inspección dos equipos.1 Módulo 7
Perigo e riscos específicos para a saúde. Primeiros auxilios.1 1 Módulo 8
Detectores de gases, máscaras, filtros e outros elementos de seguridade.1 Módulo 9
Mantemento dos elementos e equipos de seguridade.1 Módulo 10
Principios da rastrexabilidade. Requisitos en materia de hixiene dos alimentos e dos pensos.1 Módulo 11
Seguridade social agraria.1 Módulo 12
Boa práctica fitosanitaria.1 Módulo 13
Interpretación da etiquetaxe e das fichas de seguridade.1 Módulo 14
Planificación das fumigacións: Aspectos a considerar.1 Módulo 15
Preparación e sinalización das mercadorías, recintos e zonas a fumigar.1 Módulo 16
Lexislación específica sobre fumigantes e a súa aplicación. Métodos para identificar os produtos fitosanitarios ilegais e riscos asociados ao seu uso.1 Módulo 17
Prácticas de fumigación.4 Módulo 18
Exercicios de desenvolvemento de casos prácticos.2 DURACIÓN TOTAL 15 6 4 25 * Asistencia mínima do 80%.
** Impartición presencial obrigatoria, asistencia mínima do 100%. - Curso de piloto aplicador (90 horas)
-
CONTIDOS (Anexo IV do Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro) TEORÍA* PRÁCTICAS EN AULA** PRÁCTICAS EN CAMPO** Módulo 1
Xeneralidades de protección vexetal.7 1 Módulo 2
Produtos fitosanitarios: clasificación e características dos diferentes grupos.3 1 Módulo 3
Formulacións de produtos fitosanitarios: natureza e características.3 1 Módulo 4
Medios e equipos de aplicación aérea (I): instalacións fixas nos diferentes tipos de aeronaves. Equipos para as diferentes técnicas de aplicación.4 2 2 Módulo 5
Medios e equipos de aplicación (II): funcionamento, regulación,mantemento e calibración de equipos. Caracterización da aeronave.4 2 2 Módulo 6
Técnicas de aplicación aérea de pequenos e medios volumes: ULV, pulverización, espolvoreo e espare3 2,5 2 Módulo 7
Técnicas de aplicación aérea de grandes volumes e compactas.3 2,5 2 Módulo 8
Meteoroloxía aplicada á actividade fitosanitaria. Biometeorología.2 Módulo 9
Planificación de tratamentos agroforestais: avaliación previa, obstáculos ao voo a baixa cota e plan de voo.5 Módulo 10
Pistas e helipistas agroforestais: características e condicións, instalacións, equipos, medios auxiliares para aprovisionamentos e refugallo de envases baleiros.5 Módulo 11
Riscos para o medio ambiente derivados da utilización dos produtos fitosanitarios: perigo para a fauna silvestre e o gando, fitotoxicidad e contaminación de chans e augas. Métodos para identificar os produtos fitosanitarios ilegais e riscos asociados ao seu us5 1 Módulo 12
Control da contaminación. Técnicas especiais antideriva.3 Módulo 13
Riscos derivados da utilización dos produtos fitosanitarios para a saúde das persoas: toxicoloxía, intoxicacións e primeiros auxilios. Clasificación e etiquetaxe. Pictogramas, palabras de advertencia, frases de risco ou indicacións de perigo, consellos de prudencia, síntomas de intoxicación e recomendacións para o usuario. Estruturas de vixilancia sanitaria e dispoñibilidade de acceso para informar sobre calquera incidente ou sospeita de incidente.6 3 Módulo 14
Os residuos de produtos fitosanitarios: disipación do residuo, prazos de seguridade e lmrs en produtos vexetais e augas prepotables.3 1 Módulo 15
Seguridade e hixiene. Saúde laboral.4 3 Módulo 16
Normativa legal.2 DURACIÓN TOTAL 62 20 8 90 * Asistencia mínima do 80%.
** Impartición presencial obrigatoria, asistencia mínima do 100%.
Cursos de capacitación
Cursos impartidos por Unidades Administrativas da Xunta de Galicia
Cursos realizados por entidades colaboradoras