Normativa
Resolución de 23 de marzo de 2018 da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade a novos programas formativos homologados das ensinanzas de actualización e perfeccionamento profesional do sector agroforestal
Programa formativo dos cursos de capacitación
- Curso de manexo de tractores forestais (50 horas)
-
CONTIDOS (Anexo I da Resolución do 23 de marzo de 2018 da Dirección Xeral De Ordenación Forestal) TEORÍA* PRÁCTICAS** Módulo 1: Os tractores forestais:
a) Principais tipos de tractores forestais. Especificacións técnicas e operativas.
b) Principais tipos de apeiros, máquinas ou elementos de traballo que se poden acoplar ou instalar no tractor forestal.
c) Elementos de seguridade e de protección en tractores forestais.6 2 Módulo 2: Planificación do traballo e comprobación da maquinaria:
a) Planificación do traballo
b) Comprobacións a realizar e aspectos a ter en conta antes de comezar o traballo e ao parar a máquina.
c) Revisións e comprobacións básicas e de seguridade e a súa periodicidade.2 6 Módulo 3: Manexo da Manexo do tractor forestal:
a) Cabina e controis (cadro de mandos, pancas, pedais,...)
b) Dispositivos que permiten accionar elementos, dispositivos de control e dispositivos de seguimento.
c) Técnicas de condución de tractor forestal (tendo en conta: tipo de tractor, tipo de terreo, tipo de traballo a realizar,...)
d) Variables de traballo (velocidade, solicitude de potencia, regulacións, circuítos de traballo,...)
e) Normas de seguridade no manexo de tractor forestal e situacións especiais de risco (terreos con pendente, proximidade a liñas eléctricas,...)
f) Normas de seguridade na condución de tractores forestais. O Código de Circulación.
g) Apeiros e máquinas:
- Acople e/ou instalación
- A súa regulación
- Realización de traballo con eles
- Circulación por vías con eles acoplados5 19 Módulo 4: Prevención de riscos laborais e medio ambiente no manexo de tractores forestais:
a) Avaliación de riscos e medidas preventivas a adoptar (seguridade, hixiene, saúde e ergonomía)
b) Equipos de protección individual e equipos auxiliares.
c) Actuación en casos de emerxencia. Primeiros auxilios e técnicas sanitarias básicas.
d) Normas medioambientais vixentes máis importantes que podan influír nas actividades con tractores forestais.
e) Impacto ambiental ocasionado polas labores con maquinaria forestal.5 5 DURACIÓN TOTAL
18 32 50 * Asistencia mínima do 80%.
** Impartición presencial obrigatoria, asistencia mínima do 100%. - Curso de mantemento e introdución ao uso de colleitadora forestal (35 horas)
-
CONTIDOS (Anexo I da Resolución do 23 de marzo de 2018 da Dirección Xeral De Ordenación Forestal) TEORÍA* PRÁCTICAS** Módulo 1: Colleitadoras forestais:
a) Tipos de colleitadoras e especificacións operativas destas.
- Con cabezal único de apeo e procesado en punta do brazo.
- Con cabezal de apeo e plataforma de procesado.
b) Elemento tractor (tractores de rodas ou cadeas, retroarañas, ...)
c) Brazo articulado.
d) Cabezal (rodetes, coitelas, grampas, sensores, serra de cadea,....).
e) Sistema hidráulico.
f) Dispositivos de seguridade (antivibracións, protección da cabina, cinto de seguridade,...).
g) Outras especificacións técnicas das colleitadoras.6 2 Módulo 2: Mantemento básico da colleitadora:
a) Elementos a revisar e periodicidade das revisións:
- Sistema de tracción.
- Sistemas de engraxe, lubricación e refrixeración.
- Sistema hidráulico.
- Sistema de rodillos e brazo extensible.
- Puntos de engraxe
- Elementos de corte
- Elementos de seguridade.
- Outras comprobacións a realizar.
b) Realización do mantemento básico e posta a punto.
c) Avarías máis frecuentes, causas e medidas a adoptar.
d) Repostos, ferramentas e medios a empregar.
e) Cobertura de partes de incidencias.4 8 Módulo 3: Manexo da colleitadora:
a) Prácticas de manexo básico con colleitadora (ou en simulador desta).8 Módulo 4: Prevención de riscos laborais e medio ambiente aplicados ao manexo e mantemento da colleitadora:
a) Avaliación de riscos e medidas preventivas a adoptar (seguridade, hixiene saúde e ergonomía)
b) Equipos de protección individual e equipos auxiliares (categorías, condicións de uso, homologacións, caducidades,...).
c) Actuación en casos de emerxencia e/ou primeiros auxilios.
d) Normas medioambientais vixentes máis importantes que podan influír nas actividades con colleitadora.4 3 DURACIÓN TOTAL 14 21 35 * Asistencia mínima do 80%.
** Impartición presencial obrigatoria, asistencia mínima do 100%. - Curso de mantemento básico e uso da rozadoira (40 horas)
-
CONTIDOS (Anexo I da Resolución do 23 de marzo de 2018 da Dirección Xeral De Ordenación Forestal) TEORÍA* PRÁCTICAS** Módulo 1: A rozadoira:
a) Principais tipos de rozadoira.
b) Tipos de motores das rozadoiras..
c) Combustibles e lubricantes para a rozadoira (tipos e proporcións).
d) Elementos de corte e trituración.
e) Dispositivos de seguridade (antivibracións, protección contra partículas, retención de chispas,...).
f) Outros elementos da rozadoira (transmisión, suxeicións,...).4 2 Módulo 2: Mantemento e posta en marcha da rozadoira:
a) Mantemento básico e reparación de pequenas avarías:
- Revisión e limpeza de elementos (elementos de seguridade, buxías, filtros, elementos de corte,...).
- Afiado e triscado dos elementos de corte.
- Engraxes.
- Substitución de elementos (buxía, elemento de corte, tirador do arranque,...)
- Outras operacións de mantemento básico.
b) Posta en marcha da rozadoira:
- Descrición dos elementos que compoñen o sistema de arranque e o seu
funcionamento.
- Comprobacións a realizar antes da posta en marcha (tanto na rozadoira coma no operario e no entorno no que se realiza)
- Secuencia de accións a realizar para a posta en marcha.
c) Ferramentas e medios a empregar (bancos de traballo, limas, guías, chaves,...).4 8 Módulo 3: Manexo da rozadoira:
a) Factores a ter en conta para realizar a roza:
- Tipos de vexetación (herbácea, arbustiva ou arbórea).
- Condicións da vexetación (densidade, altura, diámetro,...).
- Condicións topográficas ou localización (pendente, afloramentos rochosos, proximidade a vías públicas,...).
- Obxectivo da roza (selectiva, a feito, por faixas, puntual,...).
- Tratamento posterior que se lle pretende dar aos restos da roza.
- Outros factores que poidan influír en como se debe realizar a actuación.
b) Técnicas de roza (ou trituración ou corte) a aplicar nas distintas situacións.
c) Elementos de corte dependendo do traballo a realizar4 12 Módulo 4: Prevención de riscos laborais e medio ambiente aplicados ao manexo e mantemento da rozadoira:
a) Avaliación de riscos e medidas preventivas a adoptar (seguridade, saúde e
ergonomía)
b) Equipos de protección individual e equipos auxiliares (categorías, condicións
de uso, homologacións, caducidades,...).
c) Normas medioambientais vixentes máis importantes que podan influír nas
actividades con rozadoira.3 3 DURACIÓN TOTAL 15 25 40 * Asistencia mínima do 80%.
** Impartición presencial obrigatoria, asistencia mínima do 100%. - Curso de mantemento e uso da motoserra (40 horas)
-
CONTIDOS (Anexo I da Resolución do 23 de marzo de 2018 da Dirección Xeral De Ordenación Forestal) TEORÍA* PRÁCTICAS** Módulo 1: A motoserra:
a) Tipos de motoserra.
b) Motores das motoserras.
c) Combustibles e lubricantes para a motoserra (tipos e proporcións).
d) Sistema de corte (espada, cadea, tensor,...).
e) Dispositivos de seguridade (antivibracións, freo de cadea, captador de cadea,...).
f) Outros elementos da motoserra (transmisión, suxeicións,...).4 2 Módulo 2: Mantemento e posta en marcha da motoserra:
a) Mantemento básico e reparación de pequenas avarías:
- Revisión e limpeza de elementos (elementos de seguridade, buxía, filtros, elementos de corte,...).
- Mantemento do sistema de corte (limado, tensado da cadea, regulación da espada,...)
- Engraxes.
- Substitución de elementos (buxía, cadea, piñón, tirador do arranque,...)
- Outras operacións de mantemento básico.
b) Posta en marcha da motoserra:
- Descrición dos elementos que compoñen o sistema de arranque e o seu funcionamento.
- Comprobacións a realizar antes da posta en marcha (tanto na motoserra coma no operario e no entorno no que se realiza)
- Secuencia de accións a realizar para a posta en marcha.
c) Ferramentas e medios a empregar (afiadoras de cadea, limas, guías, chaves,...).4 10 Módulo 3: Traballo con motoserra:
a) Técnicas básicas de traballo con motoserra e factores a ter en conta:
- Tipos de árbores nos que se realiza o traballo.
- Condicións da vexetación circundante (tipo, densidade, altura,...).
- Condicións topográficas ou localización (pendente, proximidade a infraestruturas,...).
- Obxectivo da traballo a realizar.
- Tratamento posterior que se lle pretende dar aos restos vexetais.
- Outros factores que poidan influír en como se debe realizar a actuación.
b) Técnicas de tala.
c) Técnicas de derramado e tronzado.
d) Manipulación de troncos e amoreamento.4 10 Módulo 4: Prevención de riscos laborais e medio ambiente aplicados ao manexo e mantemento da motoserra:
a) Avaliación de riscos e medidas preventivas a adoptar (seguridade, hixiene, saúde e ergonomía)
b) Equipos de protección individual e equipos auxiliares (categorías, uso, homologacións, caducidades,...).
c) Normas medioambientais vixentes máis importantes que podan influír nas actividades con motoserra.3 3 DURACIÓN TOTAL
15 25 40 * Asistencia mínima do 80%.
** Impartición presencial obrigatoria, asistencia mínima do 100%.
Cursos de capacitación