IXP Mel de Galicia
O Mel de Galicia é un produto natural e fresco que se produce de xeito artesanal dende hai centos de anos. Está intimamente ligado ao territorio onde se produce e soamente as abellas coñecen o segredo da súa elaboración. Este tesouro galego contén a esencia da nosa paisaxe conformada primordialmente pola flora silvestre, que lle proporciona esas características sensoriais particulares.
Documentación técnica:
Fichas: 2023, 2022, 2021, 2020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011, 2010
Normativa
- Regulamento (CE) Nº 868/2007 da Comisión do 23 de xullo do 2007 polo que se inscribe unha denominación no rexistro de denominacións de orixe protexidas e de indicacións xeográficas protexidas [Miel de Galicia ou Mel de Galicia (IXP)]
- Denominación Específica recoñecida por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 1 outubro de 1997 (DOG 15.10.97).
- Por Orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 19 de febreiro de 2003 (DOG 3.3.03) apróbase o Regulamento da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e do seu consello regulador, modificado na orde do 10 de febreiro de 2004 (DOG 27.2.04) e ratificado pola Orde do MAPA do 18 de xuño de 2004 (BOE 5.7.04).
Datos do Consello Regulador
Presidente: María Esther Ordóñez Dios
Pazo de Quián s/n
15881 Sergude, Boqueixón
A Coruña
Tel.: 981 511 913
Fax: 981 511 913
E-mail: info [at] mieldegalicia.org (info[at]mieldegalicia[dot]org)
Web: www.mieldegalicia.org