- IXP Viño da terra de Barbanza e Iria
-
Rosalía de Castro no seu poema "Albariñas uvas" xa facía referencia ao viño da súa terra:
"¡Ouh miña parra de albariñas uvas, que a túa sombra me das! [...]
¡Xa non vos deixo, que as angustias negras lonxe de min se irán!”.Documentación técnica:
Fichas: 2023, 2022, 2021, 2020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011
- IXP Viño da terra de Betanzos
-
O río Mandeo e o seu afluente, o Mendo, labraron durante miles de anos os vales que rodean a cidade de Betanzos, e é precisamente nas ladeiras expostas ao sur destes vales onde se atopa o mellor terruño para as castes autóctonas desta zona.
Documentación técnica:
Fichas: 2023, 2022, 2021, 2020, 2019, 2018
- IXP Ribeiras do Morrazo
-
Estes viños teñen unha historia detrás, a dunha cultura do viño moi arraigada na sociedade, a dun territorio de gran potencial que se resiste ao abandono dos viñedos e, en definitiva, a do traballo e esforzo de moitos viticultores, adegas e outras entidades do territorio que impulsaron a aprobación dun selo de garantía que ampara e valoriza os seus viños como uns viños singulares, representativos da identidade destas terras e de calidade contrastada.
Documentación técnica:
- IXP Val do Miño-Ourense
-
Xa no ano 1857 o Boletín Oficial da provincia de Ourense publicaba a organización das grandes feiras agrícolas da cidade de Ourense co obxectivo de fomentar o comercio e desenvolver o sector agropecuario provincial, coa pretensión de atraer persoas das comarcas veciñas, destacando que o principal produto agrario da cidade e arredores, tanto por extensión como por valor comercial, era o viño.
Documentación técnica:
Fichas: 2023, 2022, 2021, 2020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011
- IXP Terras do Navia
-
Os viños obtidos son frescos e suaves en boca, limpos, brillantes e con aromas francos.
Documentación técnica:
Fichas: 2023