Pasar al contenido principal

Benestar animal e gandería (duplicados certificados/acreditacións)

Solicitude:

A persoa interesada dirixirá a súa solicitude á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) da Consellería do Medio Rural, debendo concretar a súa petición:

  • Certificado de competencia en materia de Benestar Animal para condutores/as e coidadores/as de vehículos de estrada de transporte de animais vivos (duplicado).
  • Acreditación da formación en materia de Benestar Animal do persoal de explotacións gandeiras (duplicado).
  • Acreditación da formación do persoal que traballa con gando porcino (duplicado).
  • Acreditación da formación do persoal que traballa con gando avícola (duplicado).
  • Acreditación da formación do persoal que traballa con gando bovino (duplicado).

Documentación:

  • Solicitude
  • Copia do DNI o NIE, só no caso de non autorizar a consulta dos datos.
  • Xustificante de aboamento das taxas

Información sobre o pagamento da taxa. Códigos:

  • CONSELLERÍA-MEDIO RURAL-CÓDIGO 09
  • DELEGACIÓN-SERVIZOS CENTRAIS-CÓDIGO 13
  • SERVIZO-AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA-CÓDIGO 17
  • DENOMINACIÓN TAXA-310407

O importe da taxa para a renovación do certificado, acreditación ou carné profesional ou expedición do duplicado por pérdida ou extravío pode consultalo no seguinte documento (código 31.04.07.04)

Nota: A persoa solicitante deberá achegar o xustificante de pagamento (no caso de efectuar o pago a través da ligazón anterior é importante que non se confunda co recibo de pago con tarxeta)

Presentación electrónica

A solicitude deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, así como a chave concertada 365, no enderezo https://sede.xunta.gal/chave365.

Presentación en soporte papel

Opcionalmente, tamén se poderán presentar a solicitude presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e no Portal de Transparencia da Xunta de Galicia.