Benestar animal na investigación e na docencia

Capacitación inicial do persoal que manexe animais utilizados, criados ou subministrados con fins de experimentación e outros fins científicos

Instrucións:

  • INSTRUCIÓN AG/DF-EXP Nº 1/2024: Criterios que debe cumprir e procedemento que debe seguir na obtención da capacitación inicial o persoal que manexe animais utilizados, criados ou subministrados con fins de experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.

Solicitude:

A persoa interesada dirixirá a súa solicitude á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) da Consellería do Medio Rural

Documentación:

  • Anexo I.
  • Diploma/s do/s curso/s de formación.
  • Anexo II: Certificado de desenvolvemento do Traballo Baixo Supervisión, (só para a función “a”, coidados dos animais, “b”, eutanasia dos animais, ou “c”, realización dos procedementos.
  • Segundo o caso:
    • Anexo III: Informe de habilidades do Traballo Baixo Supervisión para a Función “a”.
    • Anexo IV: Informe de habilidades do Traballo Baixo Supervisión para a Función “b”.
    • Anexo V: Informe de habilidades do Traballo Baixo Supervisión para a Función “c”.
  • Copia do DNI o NIE, só no caso de non autorizar a consulta dos datos.
  • Copia autenticada da titulación universitaria (para solicitudes nas funcións “d”, “e” ou “f” e no caso de non autorizar a consulta dos datos).
  • Anexo VII: Declaración responsable sobre a veracidade da documentación relacionada coa formación do persoal que manexe animais utilizados, criados ou subministrados con fins de experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia, se procede.
  • Anexo Comprobación de datos de terceiras persoas, se procede.
  • Anexo de pluralidade de persoas solicitantes, se procede.
  • Xustificante de aboamento das taxas.

Información sobre o pagamento da taxa. Códigos:

  • CONSELLERÍA-MEDIO RURAL-CÓDIGO 09
  • DELEGACIÓN-SERVIZOS CENTRAIS-CÓDIGO 13
  • SERVIZO-AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA-CÓDIGO 17
  • DENOMINACIÓN TAXA-310407

O importe da taxa para a expedición do certificado, acreditación ou carné profesional derivado da realización dun curso de formación pode consultalo no seguinte documento (código 31.04.07.04)

Nota: A persoa solicitante deberá achegar o xustificante de pagamento (no caso de efectuar o pago a través da ligazón anterior é importante que non se confunda co recibo de pago con tarxeta)

 

Mantemento da capacitación inicial do persoal que manexe animais utilizados, criados ou subministrados con fins de experimentación e outros fins científicos

Instrucións:

  • INSTRUCIÓN AG/DF Nº 2/2024: Procedemento e criterios a seguir na solicitude de mantemento de capacitación para persoal que manexe animais utilizados, criados ou subministrados con fins de experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.

Solicitude:

Documentación:

  • Anexo I.
  • Documentación acreditativa da realización de actividades de formación continua atendendo ao indicado na INSTRUCIÓN AG/DF Nº 2/2024.
  • Copia do DNI o NIE, só no caso de non autorizar a consulta dos datos.
  • Anexo VII: Declaración responsable sobre a veracidade da documentación relacionada coa formación do persoal que manexe animais utilizados, criados ou subministrados con fins de experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia, se procede.
  • Anexo Comprobación de datos de terceiras persoas, se procede.
  • Anexo de pluralidade de persoas solicitantes, se procede.
  • Xustificante de aboamento das taxas.

Información sobre o pagamento da taxa. Códigos:

  • CONSELLERÍA-MEDIO RURAL-CÓDIGO 09
  • DELEGACIÓN-SERVIZOS CENTRAIS-CÓDIGO 13
  • SERVIZO-AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA-CÓDIGO 17
  • DENOMINACIÓN TAXA-310407

O importe da taxa para a renovación do certificado, acreditación ou carné profesional ou expedición do duplicado por pérdida ou extravío pode consultalo no seguinte documento (código 31.04.07.04)

Nota: A persoa solicitante deberá achegar o xustificante de pagamento (no caso de efectuar o pago a través da ligazón anterior é importante que non se confunda co recibo de pago con tarxeta).
 

Duplicado do certificado de capacitación inicial ou mantemento

Solicitude:

A persoa interesada dirixirá a súa solicitude á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) da Consellería do Medio Rural, debendo concretar a súa petición:

  • Capacitación inicial do persoal que manexe animais utilizados, criados ou subministrados con fins de experimentación e outros fins científicos, con indicación da función obxecto da petición (duplicado).
  • Mantemento da capacitación inicial do persoal que manexe animais utilizados, criados ou subministrados con fins de experimentación e outros fins científicos, con indicación da función obxecto da petición (duplicado).

Documentación:

  • Solicitude
  • Copia do DNI o NIE, só no caso de non autorizar a consulta dos datos.
  • Xustificante de aboamento das taxas

Información sobre o pagamento da taxa. Códigos:

  • CONSELLERÍA-MEDIO RURAL-CÓDIGO 09
  • DELEGACIÓN-SERVIZOS CENTRAIS-CÓDIGO 13
  • SERVIZO-AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA-CÓDIGO 17
  • DENOMINACIÓN TAXA-310407

O importe da taxa para a renovación do certificado, acreditación ou carné profesional ou expedición do duplicado por pérdida ou extravío pode consultalo no seguinte documento (código 31.04.07.04) 

Nota: A persoa solicitante deberá achegar o xustificante de pagamento (no caso de efectuar o pago a través da ligazón anterior é importante que non se confunda co recibo de pago con tarxeta).

Presentación electrónica

A solicitude deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, así como a chave concertada 365, no enderezo https://sede.xunta.gal/chave365.

Presentación en soporte papel

Opcionalmente, tamén se poderán presentar a solicitude presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e no Portal de Transparencia da Xunta de Galicia.