Benestar animal e formación do persoal que traballa con gando porcino, avícola e/ou bovino

BENESTAR ANIMAL

Benestar animal explotacións gandeiras

Todas as explotacións gandeiras deben cumprir coa normativa xeral básica en materia de benestar dos animais nas granxas.

Ademais de cumprir cos requisitos sobre as instalacións (incluíndo os equipos automáticos e mecánicos) e o manexo dos animais (subministración de auga e bebida, mutilacións e uso de sistemas de cría), os gandeiros deben levar un rexistro dos tratamentos veterinarios administrados e ter os coñecementos necesarios para atender os animais.

Normativa

A normativa xeral básica en materia de benestar dos animais nas granxas é o Real decreto 348/2000, de 10 de marzo, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico a Directiva 98/58/CE, relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras (BOE núm. 61, do 11 de marzo de 2000), modificado polo Real decreto 441/2001, de 27 de abril (BOE núm. 61 do 11 de Marzo de 2000) e polo 159/2023, do 7 de marzo (BOE núm 57 do 8 de marzo de 2023).

Esta normativa é aplicable a todas as granxas de animais vertebrados criados ou mantidos para a produción de alimentos, la, coiro, peles ou con outros fins agrarios. Non se aplica aos animais que viven no medio natural, os destinados a participar en competicións, exposicións ou actos ou actividades culturais ou deportivas nin aos animais destinados a experimentación. Inclúe os requisitos que deben cumprir os coidadores e criadores dos animais.

A norma referida establece a obriga, para os propietarios ou criadores de animais, de adoptar as medidas axeitadas para asegurar o benestar dos animais para garantir que estes non padezan dores, sufrimentos nin danos inútiles. En concreto, obriga a que os animais estean coidados por un número suficiente de persoal que posúa a capacidade, os coñecementos e a competencia profesional necesarios.

O Decreto 60/2007, do 22 de marzo, polo que se regulan os cursos de formación en materia de benestar animal, se establece o procedemento de autorización das entidades de formación e se crea o rexistro destas (DOG nº 67, do 4 de abril), recolle os contidos mínimos que deben conter os cursos de formación en materia de protección animal que realice tanto o persoal de explotacións gandeiras como os condutores/as e coidadores/as de vehículos de estrada de transporte de animais vivos.

Con todo, cómpre sinalar que o persoal que traballe con gando avícola que realice a formación específica de acordo co contido mínimo recollido no anexo IV do Real decreto 637/2021, do 27 de xullo, estará exento da realización da formación sinalada no Decreto 60/2007, do 22 de marzo, sempre e cando a dita formación inclúa, no caso de granxas de pitos, as cuestións recollidas nos Anexos I e II do Real decreto 692/2010 do 20 de maio.

+ INFO https://www.boe.es/biblioteca_juridica/codigos/codigo.php?id=204&modo=2&nota=0&tab=2

Cursos de capacitación

Programa formativo do curso de capacitación

Curso de capacitación en materia de Benestar Animal do Persoal de Explotacións Gandeiras (20 horas)

CONTIDOS (Anexos I e II do Decreto 60/2007, do 22 de marzo) TEORÍA CASO PRÁCTICO
Módulo xeral: Introdución
a) A lexislación sobre benestar animal.
b) Razóns de formación en benestar animal.
c) Motivación do gandeiro.
1  
Módulo xeral: Coñecemento dos animais
a) Anatomía e fisioloxía das especies de animais de renda. diferenzas que condicionan os distintos comportamentos e capacidades.
b) Comportamento animal. o comportamento segundo a especie, raza, idade, estado. condicionantes anatómicos, sensoriais e outros que configuran o comportamento.
c) Fatiga e benestar animal. adaptación. concepto e importancia .
d) Saúde e enfermidade. causas que predispoñen e determinantes da enfermidade. a hixiene e a prevención como factores de benestar animal.
e) Rexistros das explotacións gandeiras.
f) Seguranza no traballo. criterios de seguridade para o persoal que traballa con animais. importancia e relación co benestar animal
3  
Módulo xeral: aspectos sociais do benestar animal. o benestar animal na unión europea e no mundo
a) Relación home-animal. aspectos sociais e relacións inespecíficas.
b) O punto de vista da sociedade sobre benestar animal.
c) O benestar animal como factor económico das producións. repercusións da falla de benestar animal na produtividade e na calidade dos produtos animais. calidade ética das producións animais.
d) Tendencias e perspectivas de futuro.
1,5  
Módulo xeral: aspectos do benestar animal
a) As instalacións e os equipos. requirimentos para as distintas actividades e as distintas especies e momentos de produción .
b) Repercusións da contorna no benestar animal. requirimentos. 
c) Manexo, manipulación, contención dos animais e aplicación práctica dos coñecementos do comportamento animal. conducións do rabaño.
d) Actuación ante unha emerxencia: plans de continxencia na granxa durante o transporte e no matadoiro.
e) Sacrificio de urxencia e métodos de sacrificio humanitario.
f) Métodos de mellora do benestar animal nas explotacións, transporte e sacrificio.
g) A PAC e o benestar. criterios de condicionalidade.
h) Infraccións e sancións.
4,5  
Módulo específico
a) Lexislación específica sobre protección dos animais nas explotacións.
b) Equipamentos das explotacións.
c) Manexo dos animais. Alimentación e abeberamento.
d) Plans sanitarios.
e) Intervencións nos animais (castración, corte de rabos, corte de bicos, etc.)
f) Visita ou apoio con medios audiovisuais das prácticas realizadas nun mercado, granxa ou posto de parada. Estudos das condicións de aloxamento dos animais. Discusión e posta en común das experiencias.
g) Puntos críticos.
h) Prácticas (casos prácticos).
7 3
DURACIÓN TOTAL 17 3
20

Asistencia mínima do 85%. Posible impartición total en modalidades non presenciais.

Benestar animal no transporte de animais vivos

O transporte de animais vivos é sen dúbida unha das actividades que máis afecta o seu benestar.  o persoal que manipula os animais ten que estar convenientemente formado ou capacitado para realizar o seu labor sen recorrer á violencia ou a métodos que poidan causar ao animais temor, lesións ou sufrimentos innecesarios.

Para a consecución deste obxectivo, os transportistas con sede social en España deberán garantir que os condutores ou coidadores de animais dispoñan da formación ou o certificado de competencia

Normativa

A normativa básica nesta materia é o Regulamento (CE) nº 1/2005, do Consello, do 22 de decembro de 2004, relativo á protección dos animais durante o transporte e as operacións conexas e polo que se modifican as Directivas 64/432/CEE e 93/119/CE e o Regulamento (CE) nº 1255/97 do 22 de decembro).

O Real decreto 990/2022, do 29 de novembro, sobre normas de sanidade e protección animal durante o transporte (BOE do 30 de novembro de 2022) establece como requisito obrigatorio que todo transportista con sede social en deberá garantir que os conductores ou coidadores de animais dispoñan da formación ou o certificado de competencia, de acordo co establecido no seu artigo 12 e no artigo 6.5 do Reglamento (CE) n.º 1/2005 do Consello, do 22 de decembro de 2004.

O Decreto 60/2007, do 22 de marzo, polo que se regulan os cursos de formación en materia de benestar animal, se establece o procedemento de autorización das entidades de formación e se crea o rexistro destas (DOG nº 67, do 4 de abril), recolle os contidos mínimos que deben conter os cursos de formación en materia de protección animal que realice tanto o persoal de explotacións gandeiras como os condutores/as e coidadores/as de vehículos de estrada de transporte de animais vivos.

+ INFO https://www.boe.es/biblioteca_juridica/codigos/codigo.php?id=204&modo=2&nota=0&tab=2

Cursos de capacitación

Programa formativo do curso de capacitación

Curso de capacitación en materia de Benestar Animal para Condutores/as e Coidadores/as de Vehículos de Estrada de Transporte de Animais Vivos (20 horas)

CONTIDOS (Anexos I e III do Decreto 60/2007, do 22 de marzo) TEORÍA CASO PRÁCTICO
Módulo xeral: Introdución
a) A lexislación sobre benestar animal.
b) Razóns de formación en benestar animal.
c) Motivación do gandeiro.
1  
Módulo xeral: Coñecemento dos animais
a) Anatomía e fisioloxía das especies de animais de renda. diferenzas que condicionan os distintos comportamentos e capacidades.
b) Comportamento animal. o comportamento segundo a especie, raza, idade, estado. condicionantes anatómicos, sensoriais e outros que configuran o comportamento.
c) Fatiga e benestar animal. adaptación. concepto e importancia .
d) Saúde e enfermidade. causas que predispoñen e determinantes da enfermidade. a hixiene e a prevención como factores de benestar animal.
e) Rexistros das explotacións gandeiras.
f) Seguranza no traballo. criterios de seguridade para o persoal que traballa con animais. importancia e relación co benestar animal
3  
Módulo xeral: aspectos sociais do benestar animal. o benestar animal na unión europea e no mundo
a) Relación home-animal. aspectos sociais e relacións inespecíficas.
b) O punto de vista da sociedade sobre benestar animal.
c) O benestar animal como factor económico das producións. repercusións da falla de benestar animal na produtividade e na calidade dos produtos animais. calidade ética das producións animais.
d) Tendencias e perspectivas de futuro.
1,5  
Módulo xeral: aspectos do benestar animal
a) As instalacións e os equipos. requirimentos para as distintas actividades e as distintas especies e momentos de produción .
b) Repercusións da contorna no benestar animal. requirimentos. 
c) Manexo, manipulación, contención dos animais e aplicación práctica dos coñecementos do comportamento animal. conducións do rabaño.
d) Actuación ante unha emerxencia: plans de continxencia na granxa durante o transporte e no matadoiro.
e) Sacrificio de urxencia e métodos de sacrificio humanitario.
f) Métodos de mellora do benestar animal nas explotacións, transporte e sacrificio.
g) A PAC e o benestar. criterios de condicionalidade.
h) Infraccións e sancións.
4,5  
Módulo específico
a) Lexislación específica sobre protección dos animais durante o seu transporte. Responsabilidade do transportista e do resto do persoal que manexa os animais.
b) Aptitude para o transporte. Características dos medios de transporte.
c) Prácticas de transporte: carga, descarga e manipulación dos animais.
d) Intervalos viaxes-descanso. Densidade de carga. Necesidades de comida e auga.
e) Impacto da condución sobre o benestar animal.
f) Seguranza viaria. A actuación do transportista en caso de accidente ou incidente durante o transporte de animais por estrada.
g) Documentos necesarios para desprazar aos animais: autorización e rexistro do transportista e do vehículo. Documentación que debe acompañar aos animais. Identificación animal.
h) Deseño de vehículos. Limpeza e desinfección dos vehículos.
i) Plans de alerta sanitaria. Importancia do transporte na transmisión de enfermidades.
j) Coidados de emerxencia dispensados aos animais. Sacrificio de emerxencia.
k) Visita ou apoio con medios audiovisuais das prácticas realizadas nun mercado, granxa ou matadoiro. Estudos das condicións de carga e descarga dos animais.
l) Viaxes de longa duración. Condicións especiais nas viaxes de longa duración. Folla de ruta. Sistemas de xeolocalización.
m) Talleres de traballo sobre os casos prácticos.
n) Repercusión do transporte na calidade das carnes: carnes PSE e DFD.
o) Puntos críticos.
p) Prácticas (casos prácticos).
7 3
DURACIÓN TOTAL 17 3
20

Asistencia mínima do 85%. Posible impartición total en modalidades non presenciais.

PERSOAL QUE TRABALLA CON GANDO PORCINO, AVÍCOLA, E/OU BOVINO (Manexo, sanidade e xestión ambiental)

Persoal que traballe con gando porcino

Os titulares das explotacións asegurarase de que todas as persoas que traballan con gando porcino na explotación teñan unha formación adecuada e suficiente. En concreto, deberán ter un mínimo de formación de 20 horas, sobre as materias e contido mínimo establecido pola na normativa, nun prazo máximo de 6 meses contados desde a data de inicio do seu traballo na explotación, sen prexuízo do que establece a normativa específica en materia de benestar animal e tratamentos biocidas.

Estarán EXENTOS da obriga de realizar os cursos de capacitación aquelas persoas que estean en posesión dalgunha das seguintes acreditacións: 

  • Título profesional básico en actividades agropecuarias. 
  • Título de Técnico en produción agropecuaria. 
  • Título de Técnico superior en gandería e asistencia en sanidade animal.

Normativa

Real decreto 306/2020, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas porcinas intensivas, e modifica a normativa básica de ordenación das explotacións de gando porcino extensivo (BOE núm. 38, do 13 de febreiro de 2020), modificado polo Real decreto 364/2023 do 16 de maio (BOE núm. 17, de 17 de maio de 2023).

+ INFO https://www.boe.es/biblioteca_juridica/codigos/codigo.php?id=204&modo=2&nota=0&tab=2

Cursos de capacitación

Programa formativo do curso de capacitación

Curso de formación para o persoal que traballe con Gando Porcino (20 horas)

CONTIDOS (Anexo III do Real Decreto 306/2020, do 11 de febreiro) TEORÍA CASO PRÁCTICO
Módulo 1: Características da produción porcina:
a) Morfoloxía e fisioloxía da especie porcina.
b) Alimentación e sistemas de aloxamento.
17 3
Módulo 2: Sanidade animal, hixiene e bioseguridade:
a) Bioseguridade en explotacións de gando porcino e boas prácticas de hixiene.
b) Actuacións na prevención de enfermidades animais y zoonoses.
c) Inspección e observación de animais enfermos.
d) Recoñecemento dos síntomas/síndromes asociados ás enfermidades de declaración obrigatoria. Vixilancia pasiva e obrigacións de comunicación ás autoridades competentes.
e) Medidas de loita contra enfermidades animais.
f) Interacción entre saúde animal e humana.
g) Formación inicial en benestar animal.
h) Resistencia aos tratamentos, incluída a resistencia antimicrobiana e as súas consecuencias.
i) Introdución sobre a normativa reguladora da capacitación para realizar tratamentos con biocidas
Módulo 3: Manexo:
a) Manexo no período post-cubrición.
b) Manexo no pre-parto, parto e puerperio.
c) Manexo da desteta.
d) Manexo da fase de cebo.
Módulo 4: Xestión ambiental e loita contra o cambio climático das explotacións:
a) Almacenamento de estercos.
b) Xestión de estercos.
c) Xestión de emisións, ruídos e cheiros.
d) Consumo de auga e enerxía.
Módulo 5: Rexistro de información e documentación.
Módulo 6: Normativa vixente no ámbito europeo, nacional, autonómico e local relacionada.
DURACIÓN TOTAL 20

Asistencia mínima do 100%. Posible impartición total en modalidades non presenciais.

Persoal que traballe con gando avícola

Os titulares das explotacións asegurarase de que todas as persoas que traballan con gando avícola na explotación teñan unha formación adecuada e suficiente. En concreto, deberán ter un mínimo de formación de 20 horas, sobre as materias e contido mínimo establecido pola na normativa, nun prazo máximo de 6 meses contados desde a data de inicio do seu traballo na explotación, sen prexuízo do que establece a normativa específica en materia de benestar animal e tratamentos biocidas.

Estarán EXENTOS da obriga de realizar os cursos de capacitación aquelas persoas que estean en posesión dalgunha das seguintes acreditacións: 

  • Título profesional básico en actividades agropecuarias. 
  • Título de Técnico en produción agropecuaria. 
  • Título de Técnico superior en gandería e asistencia en sanidade animal.

O persoal que traballa con gando avícola que realice a formación específica de acordo co contido mínimo recollido no anexo IV do Real decreto 637/2021, do 27 de xullo, estará exento da realización da formación sinalada no Decreto 60/2007, do 22 de marzo, polo que se regulan os cursos de formación en materia de benestar animal, se establece o procedemento de autorización das entidades de formación e se crea o rexistro destas (DOG nº 67, do 4 de abril), sempre e cando a dita formación inclúa, no caso de granxas de pitos, as cuestións recollidas nos Anexos I e II do Real decreto 692/2010 do 20 de maio.

Normativa

Real decreto 637/2021, do 27 xullo, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas (BOE núm. 179, do 28 de xullo de 2021) modificado polo Real decreto 364/2023 do 16 de maio (BOE núm. 117, de 17 de maio de 2023). 

+ INFO https://www.boe.es/biblioteca_juridica/codigos/codigo.php?id=204&modo=2&nota=0&tab=2

Cursos de capacitación

Programa formativo do curso de capacitación

Curso de formación para o persoal que traballe con Gando Avícola (20 horas)

CONTIDOS (Anexo IV do Real Decreto 637/2021, do 27 de xullo) TEORÍA CASO PRÁCTICO
Módulo 1: Características da produción avícola:
a) Características xerais das aves e principais especies avícolas de interese produtivo.
b) Morfoloxía e fisioloxía do gando avícola.
c) Alimentación e sistemas de aloxamento. Necesidades dos animais
17 3
Módulo 2: Manexo:
a)  Principais técnicas de manexo en polos de engorde (fase de cría, recría e produción)*
b) Principais técnicas de manexo en galiñas poñedoras.
c) Principais técnicas de manexo en galiñas reprodutoras, de recría e adultas.
d) Principais técnicas de manexo noutras especies.
e) Manexo dos ovos (recollida, clasificación e comercialización).
Módulo 3: Sanidade animal, hixiene e bioseguridade:
a)  Hixiene e bioseguridade en explotacións avícolas e específicamente en explotacións con acceso libre.
b) Actuacións na prevención de enfermidades animais.
c) Inspección e observación de animais enfermos.
d) Recoñecemento dos síntomas/síndromes asociados ás enfermidades de declaración obrigatoria.
e) Interacción entre saúde, benestar dos animais e saúde humana.
f) Resistencia aos tratamentos, incluída a resistencia antimicrobiana e as súas consecuencias.
Módulo 4: Benestar animal:
a) Comportamento animal: diferencias entre as distintas especies avícolas.
b) Matanza de emerxencia.
Módulo 5: Xestión ambiental e loita contra o cambio climático das explotacións:
a) Almacenamento de estercos.
b) Xestión de estercos.
c) Xestión dos residuos xerados na explotación gandeira, perigosos e non perigosos, incluíndo a xestión de residuos veterinarios e residuos de pensos medicamentosos.
d) Xestión de emisións, ruídos e cheiros.
e) Consumo de auga e enerxía.
Módulo 6: Rexistro de información e documentación que se deben manter na explotación.
Módulo 7: Normativa vixente no ámbito europeo, nacional, autonómico e local relacionada.
DURACIÓN TOTAL 20

Asistencia mínima do 100%. Posible impartición total en modalidades non presenciais.
* Deberá incluír os contidos indicados nos Anexos I e II do Real decreto 692/2010, do 20 de maio, polo que se establecen as normas mínimas para a protección dos polos destinados á produción de carne e se modifica o Real decreto 1047/1994, do 20 de maio, relativo ás normas mínimas para a protección de xatos.

Persoal que traballe con gando bovino

Os titulares das explotacións asegurarase de que todas as persoas que traballan con gando bovino na explotación teñan unha formación adecuada e suficiente. En concreto, deberán ter un mínimo de formación de 20 horas, sobre as materias e contido mínimo establecido pola na normativa, nun prazo máximo de 6 meses contados desde a data de inicio do seu traballo na explotación, sen prexuízo do que establece a normativa específica en materia de benestar animal e tratamentos biocidas.

Estarán EXENTOS da obriga de realizar os cursos de capacitación aquelas persoas que estean en posesión dalgunha das seguintes acreditacións: 

  • Título de Técnico en produción agropecuaria. 
  • Título de Técnico superior en gandería e asistencia en sanidade animal.

Normativa

Real Decreto 1053/2022, de 27 de decembro, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas bovinas (BOE núm. 312, de 29 de decembro de 2022) modificado polo Real decreto 364/2023 do 16 de maio (BOE núm. 117, de 17 de maio de 2023).

+ INFO https://www.boe.es/biblioteca_juridica/codigos/codigo.php?id=204&modo=2&nota=0&tab=2

Cursos de capacitación

Programa formativo do curso de capacitación

Curso de formación para o persoal que traballe con Gando Bovino (20 horas)

CONTIDOS (Anexo II do Real Decreto 1053/2022, do 27 de decembro) TEORÍA CASO PRÁCTICO
Módulo 1: Características da produción bovina:
a) Morfoloxía e fisioloxía do gando bovino.
b) Alimentación e sistemas de aloxamento.
c) Comportamento animal e hábito dos bovinos.
17 3
Módulo 2: Sanidade animal, hixiene e bioseguridade:
a) Bioseguridade en explotacións de gando bovino e boas prácticas de hixiene.
b) Actuacións na prevención de enfermidades animais y zoonoses.
c) Inspección e observación de animais enfermos.
d) Recoñecemento dos síntomas/síndromes asociados ás enfermidades de declaración obrigatoria. Vixilancia pasiva e obrigacións de comunicación ás autoridades competentes.
e) Medidas de loita contra enfermidades animais.
f) Interacción entre saúde animal e humana.
g) Interacción co benestar animal.
h) Resistencia aos tratamentos, incluída a resistencia antimicrobiana e as súas consecuencias
Módulo 3: Manexo:
a) Manexo no período post-cubrición.
b) Manexo no pre-parto, parto e puerperio.
c) Manexo da desteta.
d) Manexo da fase de cebo.
e) Manexo durante a muxidura
Módulo 4: Xestión ambiental e loita contra o cambio climático das explotacións:
a) Almacenamento de estercos.
b) Xestión de estercos.
c) Xestión de compostos nitroxenados.
d) Xestión de emisións, ruídos e cheiros.
e) Consumo de auga e enerxía