Pasar al contenido principal

Presentación do Proxecto REVERDECER: ECOFISIOLOXÍA VEXETAL E CONCIENCIACIA PARA A CONSERVACIÓN DOS BOSQUES AUTÓCTONOS no CFEA de Guísamo

Proxecto REVERDECER

Guísamo (A Coruña),

  • Presentouse no CFEA de Guísamo o proxecto REVERDECER: ECOFISIOLOXÍA VEXETAL E CONCIENCIACIA PARA A CONSERVACIÓN DOS BOSQUES AUTÓCTONOS, un programa de divulgación científico-artístico-social que forma parte dun acordo de colaboración entre a Fundación Maria José Jove e a Axencia Galega de Calidade Alimentaria e que se materializa en catro actuacións coordinadas e desenvolvidas polo Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo (AGACAL) e o Centro de Arte Fundación María José Jove.

  • O seu obxectivo é achegar ao público xeral e en particular ao alumnado do CFEA de Guísamo e doutros centros educativos galegos, conceptos como a sensibilidade e a intelixencia vexetal e crear conciencia sobre a importancia dos bosques autóctonos na loita contra o cambio climático. 

Na xornada contouse coa presenza do Dr. Timothy C. Marzullo, destacado neurocientífico que leva máis de 20 anos traballando en proxectos de enxeñería neuronal e neurociencia. Marzullo impartiu unha masterclass centrándose nos últimos avances en ecofisioloxía vexetal, mostrando dun xeito sencillo e divulgativo a resposta dos vexetais aos estímulos externos en forma de impulsos eléctricos. Con isto abriuse unha porta para adentrarse en aspectos de intelixencia vexetal e comprender o seu papel esencial no equilibrio dos ecosistemas.

Un programa con catro accións

O proxecto Reverdecer materialízase en 4 accións, sendo a primeira delas a conferencia de Timothy Marzullo.
No mes de novembro o científico František Baluška investigador do Instituto de bioloxía Celular Molecular [IZMB] da Universidade de Bonn, impartirá a conferencia Neurobioloxía vexetal e comunicación multiespecie. Baluška é un dos científicos máis destacados no campo da bioloxía sensorial e comportamento das plantas. Nos últimos anos participou activamente na emerxencia do novo campo da neurobioloxía vexetal.
Nos meses de outubro e novembro, no CFEA de Guísamo se desenvolverá o Laboratorio experimental divulgativo co seu alumnado. Este proxecto pretende escalarse a diferentes centros educativos do territorio galego.
O programa se completa cunha actuación con centros educativos que cubre todo o curso escolar 2025/2026, titulado Proyecto de mediación e educación nas escolas: A escola que crea bosque.
 

 

Imprimir