- Eventos
- ALUMNOS DO CENTRO PEDRO MURIAS DA XUNTA RECIBEN FORMACIÓN PRÁCTICA SOBRE O MEDIO NATURAL E A RECUPERACIÓN DE FAUNA
ALUMNOS DO CENTRO PEDRO MURIAS DA XUNTA RECIBEN FORMACIÓN PRÁCTICA SOBRE O MEDIO NATURAL E A RECUPERACIÓN DE FAUNA
Santiago de Compostela,
3 de decembro
Alumnos do Centro Pedro Murias da Xunta reciben formación práctica sobre o medio natural e a recuperación de fauna
Os alumnos do ciclo dual de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias de Ribadeo realizaron esta semana unha visita ao Centro de Recuperación da fauna do Veral, en Lugo.
Posteriormente, o grupo de alumnos realizou a ruta das Chousas, situada no mesmo termo municipal de Lugo e que conta cunha lonxitude de arredor de tres quilómetros nos que, entre outros recursos, poden observarse os característicos camiños murados.
A visita do alumnado completouse cun percorrido polas instalacións de Biomasa Forestal, unha empresa galega con sede na localidade coruñesa das Pontes dedicada á fabricación de biocombustibles sólidos, maioritariamente pellets.