- Eventos
- Entrega Dos premios Da XXVI Cata Dos Queixos E Da XXII Cata Dos Meles de Galicia
Entrega dos premios da XXVI Cata dos Queixos e da XXII Cata dos Meles de Galicia
Quinta da Auga, Santiago de Compostela,
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu este mediodía a entrega dos premios da XXVI Cata dos Queixos e da XXII Cata dos Meles de Galicia.
Na súa intervención no acto celebrado na Quinta da Auga, en Santiago, o conselleiro do Medio Rural cualificou este concurso de catas como un dos “eventos de referencia” para produtores e envasadores da comunidade, pero tamén, por suposto, para os consellos reguladores de queixos con denominación de orixe -San Simón da Costa, Cebreiro, Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa e Arzúa-Ulloa Curado- e o da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia presentes nestas catas e nas que houbo premiados por cada unha delas.