Ir o contido principal

IV FORO DE INNOVACIÓN PRODUTIVA DO SECTOR AGRARIO

IV Foro Innovación

Santiago de Compostela,

O vindeiro día 2 de febreiro terá lugar a celebración do IV Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario no Salón de Actos do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, onde se presentarán os principais resultados dos proxectos financiados ao abeiro da "Orde de axudas para o apoio a proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías" da convocatoria 2021 finalizados na anualidade 2023, así como un avance da vindeira convocatoria 2024 da "Orde de axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea para a Innovación (AEI)".

Durante a xornada tamén será presentado o proxecto europeo AgriFoodTEF por parte do consorcio galego liderado por AGACAL e Gradiant.

Formulario de inscrición:

https://forms.gle/ymBaRtuuGiqd8jGV8
Máis información: forodeinnovacionagraria.agacal [at] xunta.gal (forodeinnovacionagraria[dot]agacal[at]xunta[dot]gal)

Programa:

/sites/default/files/IVForoInnovaci%C3%B3nAgraria-Gl%20(1).pdf

Imprimir