Ir o contido principal

PARTICIPACIÓN NO SALÓN GOURMETS 2023

PARTICIPACIÓN NO SALÓN GOURMETS 2023

IFEMA, Madrid,

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, estará presente na próxima na próxima edición do Salón Gourmets cun posto institucional que ocupará 490 m2. Estará dividido en dúas illas do pavillón 6 do IFEMA: a G10-1, de 315 m², onde irán as empresas de alimentación, a zona institucional e a Aula de Experiencias de Calidade e a illa G10-2 de 175 m², onde irán situadas as empresas de bebidas (bodegas e outras).

Na Aula de Experiencias haberá unha programación diaria de actividades, na que colaborará o persoal dos consellos reguladores: Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, Mel de Galicia, Vacún de Galicia, Castaña de Galicia, Pan de Cea e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e Ribeiro.

Imprimir