-
- Eventos
- "PATACA DE GALICIA. EN BOCA DE TODXS" É O LEMA DA CAMPA COA QUE A XUNTA PROMOVERÁ O CONSUMO DESTE PRODUTO AMPARADO POLO SELO DE CALIDADE DIFERENCIADA
"PATACA DE GALICIA. EN BOCA DE TODXS" É O LEMA DA CAMPA COA QUE A XUNTA PROMOVERÁ O CONSUMO DESTE PRODUTO AMPARADO POLO SELO DE CALIDADE DIFERENCIADA

Ourense,
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do presidente do Consello Regulador, José Manuel Gómez, presentou esta mañá a campaña publicitaria “Pataca de Galicia. En boca de todxs”, que desenvolverá nas próximas semanas o goberno autonómico para promover o consumo deste produto co selo diferenciado da Indicación Xeográfica Protexida.