- Eventos
- A XUNTA ACHEGA OS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS CON SELO DE CALIDADE AO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ DE CAMBRE
A XUNTA ACHEGA OS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS CON SELO DE CALIDADE AO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ DE CAMBRE
Santiago de Compostela,
15 DE DECEMBRO
A Xunta achega os produtos agroalimentarios con selo de calidade ao CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou hoxe nunha actividade enmarcada na campaña “Come Local 2023”, que ten por obxectivo promocionar o produto de proximidade como parte do Pacto Verde Europeo e a estratexia “Da Granxa á mesa” da Unión Europea.
Esta xornada desenvolveuse no CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre e serviu para dar a coñecer a medio milleiro de participantes os produtos e produtores que cooperan nesta iniciativa de promoción dos selos de calidade alimentaria galego, así como impulsar o seu consumo nos comedores escolares.