- Eventos
- A Xunta Defende a Vía Da Calidade Para Diferenciar a Produción Alimentaria de Galicia No I Congreso Internacional de Consumo
A Xunta defende a vía da calidade para diferenciar a produción alimentaria de Galicia no I Congreso Internacional de Consumo
Santiago de Compostela,
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria abriu a sesión de tarde do I Congreso Internacional de Consumo que organiza a Unión de Consumidores de Galicia.
Na súa intervención, o director explicou que a nosa comunidade ten que facer esa aposta porque conta con pequenas explotacións familiares e pequenas empresas, así como con condicións naturais óptimas para a produción de alimentos de calidade. Neste sentido, indicou tamén que as denominacións de orixe protexidas (DOP) e as indicacións xeográficas protexidas (IXP) e, en xeral, os produtos de calidade diferenciada, son uns instrumentos axeitados para isto.