- Eventos
- A XUNTA INAUGURA O MERCADO ARTESANÍA ALIMENTARIA DO NADAL EN LUGO
A XUNTA INAUGURA O MERCADO ARTESANÍA ALIMENTARIA DO NADAL EN LUGO
Santiago de Compostela,
15 DE DECEMBRO
A Xunta inaugura o Mercado Artesanía Alimentaria do Nadal en Lugo
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, inaugurou esta tarde o Mercado Artesanía Alimentaria do Nadal en Lugo, organizado pola Xunta de Galicia; co obxectivo de poñer en valor este indicativo e poñer en contacto a produtores locais con consumidores potenciais.
O evento conta coa presenza de postos de 27 empresas produtoras, que comercializan produtos amparados por este selo.