-
- Novas de Actualidade
- AXUDAS ÁS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS PERTENCENTES Á INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA FABA DE LOURENZÁ
AXUDAS ÁS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS PERTENCENTES Á INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA FABA DE LOURENZÁ
Santiago de Compostela,
Con data 27 de xuño de 2025 publicouse no DOG a resolución da AGACAL do 17 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás explotacións agrícolas pertencentes á indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR302C).
Serán subvencionables as superficies cultivadas polas persoas inscritas no rexistro de plantacións da IXP Faba de Lourenzá que foran obxecto de declaración de sementeira durante o ano 2024.
A presentación das solicitudes debe realizarse por medios electrónicos a través de SEDE electrónica da Xunta (código de procedemento MR302C; tanto para as persoas físicas como xurídicas)
O prazo de presentación remata o 28 de xullo (inclusive)
Resolución (27/06/2025)