Ir o contido principal

Convocatoria mediante procedemento aberto para o alleamento, mediante poxa pública, de cincuenta e seis animais vacúns de raza rubia galega, pertencentes á axencia

Santiago de Compostela,

Resolución adxudicación do procedemento aberto para o alleamento, mediante poxa pública, de cincuenta e seis animais vacúns de raza rubia galega, pertencentes á axencia (DOG Núm. 137,16 de xullo de 2024)

 

Resolución do 10 de xullo de 2024 pola que se fai pública a convocatoria mediante procedemento aberto para o alleamento, mediante poxa pública, de cincuenta e seis animais vacúns de raza rubia galega, pertencentes á axencia. (DOG Núm. 137, 16 de xullo de 2024)

Para este procedemento rexerá a normativa vixente e o prego de condicións publicado nesta páxina web.

Os licitadores interesados poderán revisar os animais en visita presencial os vindeiros días 22  e 23 de xullo, ás 10:00 horas, nas dependencias do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, Estrada Betanzos-Mesón do Vento, Km 7 - Mabegondo, 15318 Abegondo (A Coruña)

https://maps.app.goo.gl/dsktTuTg8yTzjC9r6

Presentación de ofertas: Por escrito a través do Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, mediante o procedemento PRO04, achegando asinada a declaración responsable (Anexo II), así como a súa oferta (Anexo III) polo lote ou lotes nos que a persoa ofertante estea interesada.

Prazo de presentación das ofertas: Dende as 00:00 horas do día 23/07/2024 ata as 23:59 do día 24/07/2024

Teléfono de atención ao público 881 881 806

NOTA.- Comunícase a retirada do lote 18 correspondente ao animal ES051114077999 por razóns sobrevidas.

Imprimir