- Novas de Actualidade
- Mesa Da Castaña
Mesa da Castaña
Centro de Investigación Forestal de Lourizán,
A Xunta mantén o seu compromiso co sector da castaña a través da investigación:
- A Mesa da Castaña, órgano colexiado de carácter consultivo e asesor, mantivo hoxe unha reunión na que se analizaron os estados de diferentes proxectos sobre o castiñeiro
- O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu este encontro ao que tamén asistiu o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan
- O Centro de Investigación Forestal de Lourizán presentou os avances na clonación de castiñeiros e da súa multiplicación in vitro