Pasar al contenido principal

V FORO DE INNOVACIÓN PRODUTIVA DO SECTOR AGRARIO

V FORO DE INNOVACIÓN PRODUTIVA DO SECTOR AGRARIO

Santiago de Compostela,

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organiza o V Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario, onde se presentarán os proxectos de innovación rematados no ano 2024. O evento terá lugar en varias localizacións de Galicia ao longo de febreiro, marzo e abril de 2025, dividíndose por temáticas e buscando achegar a innovación ao medio rural.

As sesións programadas son as seguintes:
 • 27 de febreiro: Sección Gandaría e Industria Agroalimentaria, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (Auditorio 2 do Edificio Cinc).
 • 13 de marzo: Sección Viticultura e Enoloxía, na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, Pontevedra.
 • 27 de marzo: Sección Agronomía, no Pazo de Fontefiz en Coles, Ourense.
 • 11 de abril: Sección Silvicultura, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias en Ribadeo, Lugo.

Para participar no foro e nunha degustación dos produtos galegos de calidade diferenciada ao final do evento  é necesario realizar a inscrición a través do seguinte formulario: https://forms.gle/FYAPr2HGg1UX2xyW6 .

As persoas interesadas en obter información poden facelo a través do número de teléfono 981 546 661 ou ben no correo electrónico formaci%C3%B3n.agacal [at] xunta.gal (formación[dot]agacal[at]xunta[dot]gal).

Programa:

V Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario

Imprimir