- Eventos
- A XUNTA BUSCA AOS MELLORES QUEIXOS DE GALICIA NA XXVI EDICIÓN DA SÚA CATA-CONCURSO
A XUNTA BUSCA AOS MELLORES QUEIXOS DE GALICIA NA XXVI EDICIÓN DA SÚA CATA-CONCURSO
Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago,
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu esta mañá ao inicio do concurso da XXVI Cata dos Queixos Galicia, que organiza a Consellería do Medio Rural a través de dita Axencia. A cata desenvolveuse ao longo da mañá hoxe na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago.
Preto de 30 industrias queixerías participan con 45 mostras pertencentes á Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo Tetilla, a DOP Arzúa-Ulloa, a DOP San Simón da Costa e a DOP Cebreiro.