-
- Eventos
- A XUNTA PROMOCIONARÁ A EXCELENCIA DOS VIÑOS, AUGARDENTES E LICORES TRADICIONAIS GALEGOS PREMIADOS COS “ACIOS E POTES” NAS CATAS DE GALICIA 2023
A XUNTA PROMOCIONARÁ A EXCELENCIA DOS VIÑOS, AUGARDENTES E LICORES TRADICIONAIS GALEGOS PREMIADOS COS “ACIOS E POTES” NAS CATAS DE GALICIA 2023
![A XUNTA PROMOCIONARÁ A EXCELENCIA DOS VIÑOS, AUGARDENTES E LICORES TRADICIONAIS GALEGOS PREMIADOS COS “ACIOS E POTES” NAS CATAS DE GALICIA 2023](/sites/default/files/2023-11/casa-de-galicia-evento.png)
Casa de Galicia, Madrid,
- O acto terá lugar o vindeiro luns na Casa de Galicia en Madrid e nel exaltarase a calidade dos viños, augardentes e licores que obtiveron distincións nas Catas de Galicia 2023
- No evento haberá unha masterclass sobre a domesticación da vide en Galicia e un “túnel de armonías de Galicia”
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos dará a benvida ao acto e o conselleiro do Medio Rural, José González, fará o saúdo institucional e a apertura do “túnel de armonías”.
Será un acto de exaltación da excelencia dos viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia pero tamén de aprendizaxe da historia do cultivo da vide en Galicia e de demostración das armonías entre os nosos viños, augardentes e licores con outros produtos galegos de calidade diferenciada.
Así, os asistentes serán recibidos cun viño escumoso galego e poderán asistir á masterclass “Domesticación da Vide en Galicia” a cargo de Alejandro Paadín, coautor da “Guía de viños, destilados e bodegas de Galicia” que fará un percorrido pola historia do cultivo do viñedo na nosa terra e as diversas variedades autóctonas que foron conformando a singularidade dos nosos viños.
A continuación, e tralo saúdo do Conselleiro do Medio Rural, abrirase o “túnel de armonías” no que os asistentes terán unhas fichas á súa disposición para facer unha comparación das propiedades organolépticas dos viños, licores e augardentes premiados nas Catas de Galicia, con outros produtos de calidade como son os queixos galegos con DOP, o mel da IXP Mel de Galicia, o pan das IXP Pan Galego e Pan de cea e outros...
Así, este acto mesturará o coñecemento histórico do noso patrimonio vitivinícola e a experiencia sensorial da maridaxe entre os nosos viños e outros produtos de calidade diferenciada cos que conta Galicia.