Pasar al contenido principal

AC2021E-02

Manexo sustentable no viñedo e calidade dos viños na DOP Ribeiro -
E44
E45

Participantes:

EVEGA-AGACAL, USC, UVIGO, CSIC, 12 produtores-adegas.

Anualidades:2021-2023

Na actualidade os viticultores tenden a empregar prácticas cada vez máis sustentables no viñedo, diminuíndo o uso de produtos químicos de orixe sintética para reducir o seu impacto sobre o medio ambiente. Sen embargo, as condicións climáticas en Galicia favorecen a proliferación dos patóxenos da vide, polo tanto dificultan a implementación das técnicas ecolóxicas na viña. Aínda así, algúns produtores desta DO teñen apostado por este tipo de produción que restrinxe os uso de pesticidas e fertilizantes sintéticos en pro doutras alternativas naturais para o control de pragas. Desta forma, non só se reduce o impacto sobre o medio ambiente (solos, augas superficiais e freáticas, etc), senón que se contribúe a preservar a biodiversidade e camiñar cara a obtención de produtos máis saudables para o consumidor.

Dada a importancia do viño na DOP Ribeiro e a inquietude no sector respecto ó emprego de prácticas máis sustentables no viñedo, o obxectivo deste proxecto é avaliar o impacto de distintas formas de manexo no viñedo sobre a calidade da uva e dos viños. Estudarase efecto de distintos tipos de produción (ecolóxica, biodinámica, integrada, convencional) sobre a fertilidade, presenza de residuos e diversidade microbiana no solo, así como a súa influencia na calidade química, sensorial e sanitaria dos viños nesta DOP.

Resultados:

En fase de realización