Pasar al contenido principal

A XUNTA PON EN VALOR OS PRODUTOS AMPARADOS BAIXO O SELO DE ARTESANÍA ALIMENTARIA NO MERCADO DE NADAL QUE SE CELEBRA EN LUGO

O conselleiro do Medio Rural, José González

Santiago de Compostela,

16 DE DECEMBRO

A Xunta pon en valor os produtos amparados baixo o selo de Artesanía Alimentaria no Mercado de Nadal que se celebra en Lugo

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta tarde o Mercado de Artesanía Alimentaria no Nadal de Lugo, que se celebra ata mañá na Praza Horta do Seminario.
 “É unha ocasión ideal para poder degustar os produtos galegos amparados baixo este indicador de calidade”, sinalou o conselleiro, que puxo de relevo o labor desenvolvido polas preto dunha trintena empresas presentes na feira, que elaboran todo tipo de preparacións de repostaría, bolería, embutidos, xeados ou mel, entre outros, sempre baixo os estándares deste distintivo de calidade.

Imprimir