IV Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario
Santiago de Compostela,
Video resumo do IV Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario: https://youtu.be/ZAKKvZtZsPY
Intervención do conselleiro do Medio Rural no IV Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario: https://youtu.be/xq0SSiLR4dg
Nesta ligazón pódense ver os diferentes vídeos expostos no Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario: redir.htm
O pasado día 2 de febreiro celebrouse do IV Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario no Salón de Actos do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, onde se presentaron os principais resultados dos proxectos financiados ao abeiro da "Orde de axudas para o apoio a proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías" da convocatoria 2021 finalizados na anualidade 2023, así como un avance da vindeira convocatoria 2024 da "Orde de axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea para a Innovación (AEI)".
Durante a xornada tamén se presentou o proxecto europeo AgriFoodTEF por parte do consorcio galego liderado por AGACAL e Gradiant.