-
- Eventos
- Xornada Técnica Sobre Prevención, Control E Erradicación Da Rinotraqueíte Infecciosa Bovina (IBR)
Xornada técnica sobre prevención, control e erradicación da rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR)

Centro de Investigaciones Agrarias de Mabegondo,
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou hoxe no acto de inauguración da xornada técnica sobre prevención, control e erradicación da rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR), que tivo lugar hoxe no Centro de Investigaións Agrarias de Mabegondo (CIAM).
Trátase dunha actividade de transferencia enmarcada dentro do proxecto estratéxico de cooperación “Aportacións ao coñecemento de distribución do herpesvirus bovino tipo 2 (BoH-2) na cabana vacuna galega” e organizada pola Consellería do Medio Rural. É unha xornada de carácter técnico, polo que está destinada a veterinarios de gando bovino de Galicia. Ten como obxectivo dar a coñecer os resultados deste proxecto, e compartir o coñecemento de expertos na materia cós técnicos veterinarios involucrados na prevención e diagnose desta enfermidade. Ademais, este estudo pretende, a través da mellora da sanidade animal, conseguir un impacto positivo no rendemento e a rendibilidade das explotacións gandeiras.
Ao longo do día, sucederanse diversas charlas e faladoiros sobre o diagnóstico da rinotraqueíte infecciosa bovina en Galicia, a aplicación do programa de cualificación desta enfermidade noutras comunidades e cuestións relacionadas coa perspectiva de futuro. Os relatores son técnicas e técnicos con ampla experiencia na materia pertencentes á Consellería do Medio Rural, do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e de institucións de referencia de comunidades autónomas como Andalucía e o País Vasco.
Para finalizar a xornada, haberá unha mesa redonda na que participarán expertos e expertas do sector para debater as cuestións de actualidade relacionadas con esta enfermidade.
Ponencias
01 - Programa nacional de lucha contra la IBR, situación actual y perspectivas de futuro (Elena García Villacieros, SG de Sanidad e Higiene Animal y Trazabilidad)
02 - Diagnóstico Laboratioral rinotraqueíte infecciosa bovina IBR (Azucena Sánchez, Laboratorio Central de Veterinaria (LCV) – MAPA)
03- Aplicación del programa de calificación oficial frente a IBR en Andalucía (Fernando Gómez Torre, Servicio de Sanidad Animal - Junta de Andalucía)
04 - Aplicación práctica del programa obligatorio de IBR en Gipuzkoa (Iñigo Agirre Zubia - Diputación Foral de Gipuzkoa)
05 - El programa de IBR desarrollado en Galicia y perspectivas de futuro (Ignacio Arnaiz Seco, Consellería do Medio Rural - Xunta de Galicia)
06 - El herpesvirus bovino tipo 2 en Galicia