POXA PÚBLICA DE ANIMAIS VACÚNS DE RAZA RUBIA GALEGA
NOVA.- Amplíase o prazo de inscrición para participar na poxa pública ata as 13:00 horas do xoves, día 09 de xullo de 2026.
Recordase que a información do prego de condicións da poxa e a información dos animais está dispoñible en https://agacal.xunta.gal/gl/institucional/novas
A inscrición para participar na poxa realizarase a través do Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, mediante o procedemento PR004A, dirixido á Axencia Galega da Calidade Alimentaria a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A) ou presencialmente no propio rexistro do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.
A documentación a presentar xunto coa instancia xenérica do procedemento PR004A que se xenera ao cumprimentar os datos na citada sede electrónica é a seguinte:
- Modelo de inscrición previa (modelo anexo I).
- Declaración responsable (modelo anexo II).
- Acreditación da personalidade:
No caso de persoas físicas: copia do documento nacional de identidade ou pasaporte en vigor
No caso de persoas xurídicas: escritura de constitución inscrita no rexistro correspondente.
Acreditación de estar inscritos no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA)
Acordo de ampliación de prazos
Os licitadores interesados poderán revisar os animais en visita presencial os vindeiros días 8 e 9 de xullo entre as 10:00 e as 13:00 horas. O día 10 de xullo tamén será posible revisar os animais en horario de 9:00 a 11:00 horas concertando previamente a visita no teléfono 881 881 806.